Celebramos este ano o Samaín elaborando esculturas circenses de acordo co tema da Biblioteca para este curso. Os alumnos/as de sexto fixemos estas cabazas na casa e trouxémolas ao colexio. Pero tamén lemos lecturas de medo e fixemos debuxos; fomos ao "Circo dos Terrores" onde pasamos moito medo; percorremos o "Corredor do medo" decorado coas cabazas; fixémonos fotos "terroríficas" diante dun Photocall; comemos merendas de "medo"... e pasámolo xenial.
Aquí hai algunhas das actividades que fixemos:
No hay comentarios:
Publicar un comentario