Os alumnos e alumnas de 6º de Primaria investigamos sobre as razóns que aconsellan prohibir os animais nos circos. Ademais, cada un de nós, encargouse de coñecer as características e o hábitat real onde deberían vivir estes animais de non ser privados de liberdade para actuar nos circos.
Con toda a información elaboramos un Mural que colocamos no corredor da nosa clase para poder ser consultado.
Tamén investigamos sobre os países que prohibiron os circos con animais, e entre eles non está España. Pero descubrimos que o Parlamento de Galicia aprobou en setembro de 2.017 unha Lei de Protección Animal que inclúe a prohibición dos circos con animais e que, antes desa Lei, o noso Concello, Redondela, tamén os prohibira.
AQUÍ TENDES O RESULTADO DAS NOSAS INVESTIGACIÓNS:
No hay comentarios:
Publicar un comentario