O 21 de marzo foi o Día da Poesía. O alumnado de 6º creou Acrósticos dedicados a Rosalía, debuxou o contido dunha poesía de Gloria Fuertes sobre como "Debuxar un pallaso", pensando na temática do circo da Biblioteca, e investigou sobre o contido do Pergamiño Vindel, que estivo "fisicamente" entre nós durante varios meses. Coñecemos unha das Cantigas do Pergamiño "Ondas do Mar de Vigo", escrita por un gran poeta da Ría de Vigo: Martín Códax. A titora do curso adaptouna ao galego actual e o alumnado debuxou o seu contido. Este o magnífico resultado do traballo:
No hay comentarios:
Publicar un comentario