Como sabedes o Proxecto da Biblioteca deste curso está relacionado co marabilloso mundo do CINE. Aprenderemos moitas cousas: a súa orixe, as profesións relacionadas con el, os xéneros cinematográficos... Miraremos moitas películas e curtas, elaboraremos un documental...
Para empezar, os alumnos de 6º Curso iniciamos un Proxecto relacionado co Cine Galego e cun dos seus directores actuais: Ignacio Vilar que estivo rodando hai uns días en Redondela a película que leva por título "María Solinha".
Nós asistimos a rodaxe deste filme, onde actuamos de figurantes e fixémoslle logo unha entrevista ao director.
Antes investigamos para coñecer a súa filmografía e vimos unha película súa titulada "Pradolongo". ATENTOS AS PRÓXIMAS ENTRADAS ONDE TRASLADAREMOS OS NOSOS TRABALLOS!!!
Antes investigamos para coñecer a súa filmografía e vimos unha película súa titulada "Pradolongo". ATENTOS AS PRÓXIMAS ENTRADAS ONDE TRASLADAREMOS OS NOSOS TRABALLOS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario