18 noviembre 2020

25 DE NOVEMBRO 2.020: DÍA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA


Para este 25 de novembro estamos preparando distintas actividades.
En 5º e 6º, miraremos esta curta sobre as irmás Mirabal e coñeceremos a súa loita contra as inxustizas e poa liberdade e, tamén, seremos quen de sensibilizarnos sobre o seu tráxico destino.
Para colaborar cunha iniciativa do Concello de Redondela, pintaremos bolboretas coas que decoraremos o noso cole e dependencias da nosa localidade.
Seguindo unha proposta da Biblioteca confeccionaremos unha fermosa flor de papel, practicando así a papiroflexia.
Tamén faremos carteis con slogans que denuncien a situación da violencia contra as mulleres no noso país. 
Ao final da entrada, incorporaremos fotos destas actividades:
Agora propoñemos mirar outros vídeos para reflexionar:
* "As nenas poden"
* Canción:"En Feminino e Masculino"
* Conto:"Por catro esquiniñas de nada"
*
Música: "Eles tamén poden"

* Denuncia: Os micromachismos
* Denuncia: Violencia sobre as mulleres
* Denuncia: Maltrato sutil
* Carta: A un maltratador
*Cóntao: Hai saída á violencia de xénero
FOTOS ACTIVIDADES:
* Bolboretas de 5º e 6º
 * Flores de papiroflexia de 5º
 *Bolboretas de papiroflexia de 6º
* Mural colectivo de todo o alumnado do centro: "Non máis violencia de xénero", coas nosas aportacións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario