Non quixemos deixar de conmemorar no colexio a Festa do Entroido, eso si dun xeito distinto, adaptándonos ao cumprimento das medidas preventivas contra o Covid: distancia de seguridade, uso de máscaras, mantendo os grupos burbullas das clases, uso constante de hidroxel...Tampouco compartimos os doces típicos de Entroido que o alumnado trouxo das súas casas.
Pero eso sí gozamos moitísimo observando o Desfile cos disfraces olímpicos de cada unha das clases. Había distintos deportes olímpicos representados: béisbol, natación, futbolistas, ximnastas, deportistas de surf, boxeadores, karatecas...
5º e 6º tamén lle puxemos orixinalidade aos noso disfraces para non quedar atrás: 5º representou os distintos deportes olímpicos da Grecia Clásica (onde xurdiron as Olimpíadas) e 6º construiu flamantes skates.
No hay comentarios:
Publicar un comentario