O alumnado de 6º Curso quixo acompañar o seu disfrace do ENTROIDO dunha pequena nave
espacial con luces de cores que a iluminaban. Así puxemos en práctica o aprendido en Naturais
sobre a electricidade, construíndo
un circuíto eléctrico.
Pasos a seguir se queredes facelo:
1.- De entre varios modelos proporcionados pola titora, escollemos o que máis nos gustou e debuxamos as naves
sobre un lado dun trozo de cartón e recortámolas:
2.- Colocamos o circuíto eléctrico e suxetámolo con cinta illante ou celo adhesivo por un lado do cartón: o xerador ou pila, os cables e o interruptor para deixar pasar a corrente. O receptor ou lámpadas,
por diante, para ver de fronte as luces de cores:
3.- Pintamos a nave con témperas, como máis nos gustou, as liñas con
rotulador dourado e vernizamos:
Este foi o resultado:
O produto realizado puxo en práctica este modelo de Circuíto que cada alumno/a representou nun folio:
No hay comentarios:
Publicar un comentario