15 febrero 2020

CHARLA SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO

 O mércores 12 de febreiro acudiu ao colexio unha axente da Policía Nacional para darlle a 6º de Primaria unha charla sobre  "Violencia de Xénero". 
 Con gran claridade explicou que é a Violencia de xénero para diferenciala doutros tipos de violencia, como a doméstica. Informounos que a violencia machista agrede de moitas formas, non so de forma física. 
Tamén, a través de pequenas curtas, amosounos como detectar síntomas desta violencia e a quen pedir axuda. Por último, centrouse nos riscos de Internet aportando consellos que mozos/as deberían seguir para estar máis seguros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario