Ola, chicos e chicas:
Unha semana máis con clases virtuais.
Unha semana máis con clases virtuais.
Mandei un correo, igual para todos, e contestáchedes doce: Adrián, Mario, Sergio, David, Alba Costas, Alba Nieto, Uxía, Bea, Hugo J., Ángela, Hugo C. e Alex Montesino.
Respondede os demais, por favor.
MOI IMPORTANTE:
Mandade un correo con todas as tarefas completas dunha asignatura.
Un correo por asignatura!!!
Mandade foto do que pido,
pero non do que non pido.
Respondede os demais, por favor.
MOI IMPORTANTE:
Mandade un correo con todas as tarefas completas dunha asignatura.
Un correo por asignatura!!!
Mandade foto do que pido,
pero non do que non pido.
MATEMÁTICAS
* 1.- Solucións exercicios de porcentaxes:
*2.- Aprenderemos como calcular o tanto por cento dunha cantidade que é fácil:
Como vedes hai 2 formas de calcular o
35% de 120 €:
*1ª forma: Poñemos o 35% en forma de fracción, que sabemos facelo: 350 100
E calculamos a fracción dunha cantidade
que aprendemos a facer no tema das fraccións: multiplicamos o numerador da fracción (35) pola cantidade (120) e dividimos o resultado entre o denominador (100).
35 x 120= 4.200
4200: 100 = 42 €
* 2º forma: Facemos directamente:
Divídese a cantidade (120) entre 100
120: 100= 1,2
e multiplicamos o resultado polo tanto por cento que nos indican (35%)
1,2 x 35 = 42 €
COMO OBSERVADES DÁ O MESMO. RECOMENDO FACELO POLA 2º FORMA.
* 3.- Logo da explicación, facede os exercicios 1 e 8 do libro. Subirei as solucións a próxima semana.
*4.- CÁLCULO: Copiamos na libreta, nunha folla a parte, de unha en unha, as contas.
A división ten que ter a proba
342.123,8 + 3,683 + 38.404,98 =
342.123,8 - 38.404,98 =
3,683 x 5,07 =
342.123,8 : 4,08 =
MANDADE FOTO SOLO DO CÁLCULO
No hay comentarios:
Publicar un comentario