25 mayo 2020

SOCIAIS 6º: SOLUCIÓNS E TAREFAS (DO 25 AO 29 DE MAIO)

Ola chicos/as: Xa estamos na última semana de maio e cada vez queda menos para que se acabe este curso que non olvidaremos xamais por moitos motivos. Recoméndovos traballar cada día nunha materia e mandarma, non deixar para o final. Veña, con moito ánimo!!!

SOCIAIS:
Fixádevos ben porque marcarei tarefa distinta, segundo teñades ou non aprobado o 1º Trimestre:
* 1.- Solucións Traballo anterior:
*2.- TRABALLO PARA YERAI E RUBÉN
 REPASO TEMA 2
Incorporo o material que podedes necesitar(para ver mellor o mapa pinchar enriba del), ademais de libro e libreta.

 
 
Copiar enunciados na libreta, excepto ex.5, que contestaredes directamente:




Colocade as illas de Islandia, Gran Bretaña e Irlanda.
E os ríos Sena, Támese, Danubio, Volga, Rhein e Tiber.

*3.- O resto ides facer un traballo titulado: "A DITADURA DE FRANCO"  
copiando e contestando as preguntas:
1.- Cando empezou e rematou a ditadura de Franco?
2.- Cantos anos durou?
3.- Por que Franco se fixo chamar "Caudillo" e   "Xeneralísimo"?
4.- Cales foron as primeiras medidas que tomou Franco?
5.- Explica como gobernou Franco na etapa da autarquía?
6.- Que cambios houbo na política de desenvolvemento?
7.- Que pensas que quere dicir que a oposición a Franco actuou na clandestinidade?
8.- Como actuaba Franco fronte ás protestas dos obreiros e estudantes?
MIRADE ESTE VÍDEO

No hay comentarios:

Publicar un comentario