18 abril 2021

CONCURSO DAS " 3 M"

  

Como sabemos este curso está marcado pola existencia da pandemia do Covid. Iso obrigounos a adaptarnos a facer as actividades e celebracións escolares dunha forma nova, pero non deixamos de conmemorar unha morea delas.

Tamén aprendemos e practicamos a nivel de aula unha serie de normas de hixiene e distancia social, que logo plasmamos nun cartel individual que cada alumno/a realizou para participar nun Concurso e que pegamos nos corredores.

 

 

Houbo tres carteis seleccionados, un por Educación Infantil, outro polo corredor do piso de abaixo (1º, 2º e 3º de Primaria) e outro polo do piso superior (4º, 5º e 6º). O cartel premiado dos maiores foi o de Teresa Montesino,  de 5º.

Este foi o acto de entrega dos premios de 4º, 5º e 6º:

 FELICIDADES TERE

No hay comentarios:

Publicar un comentario