5º e 6º de Primaria participaron en dúas charlas telemáticas cun famoso xogador de baloncesto, Iñaki Zubizarreta.
Na primeira, o 11 de marzo, Iñaki referiu con total sinceridade o sufrimento que experimentou cando, sendo neno, sufriu acoso escolar.
No segundo encontro telemático, o 18 de marzo, contestounos as preguntas que quixemos facerlle, logo da semana que pasara tras o primeiro contacto. As súas respostas foron igual de impactantes, con varias mensaxes: cando unha persoa sofre acoso escolar ten que pedir axuda e ninguén pode mirar para outro lado cando é coñecedor/a dunha situación de acoso.
HAI QUE DENUNCIAR.
O alumnado de 5º, en Valores, investigou a traxectoria de Iñaki e sobre o acoso escolar. Este é o resultado do traballo:
No hay comentarios:
Publicar un comentario