Logo do festivo das Letras Galegas (17 de maio) celebramos esta data no noso colexio ao día seguinte, martes 18.
Fixémolo por ciclos para gardar todas as medidas de seguridade.
A actuación de 5º e 6º consistiu no recitado de versos de Xela Arias, poetisa á quen se lle adica o Día das Letras Galegas neste 2.021.
Rematamos cantando o Himno Galego
Como sabedes o noso colexio participou nun Concurso da Xunta resultando gañador. Cada clase elaborou un cartel reflectindo a vida e obra de Xela Arias. Estes son os de 5º e 6º:
No hay comentarios:
Publicar un comentario