Unha vez máis houbo que tirar de imaxinación para realizar unha celebración típica do noso colexio: OS MAIOS.
Non podiamos elaboralos entre todos e todas por mor da pandemia e cos seus elementos naturais: fiuncho, flores variadas coas que facer guirnaldas, ovos, laranxas...
E, polo que, cada clase confeccionou un MAIO artístico, facendo flores e demais elementos decorativos con papeis, pompóns... de diverso tipo.
Pero o resultado foi espectacular. Antes, as familias, compuxeran coplas nas casas que foron seleccionadas polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e repartidas para ser cantadas polos distintos cursos.
Foi unha celebración moi especial que realizamos por cursos.
E, para lembrar como se fai un MAIO de verdade, colocamos nunha mesa todos os elementos naturais que o compoñen:
No hay comentarios:
Publicar un comentario