O MARTES 23 DE NOVEMBRO DE 2.021 FIXEMOS UNHA VISITA MOI INTERESANTE ÁS DEPENDENCIAS DO CONCELLO. ERA A PRIMEIRA EXCURSIÓN EN MOITO TEMPO!!!
NO MULTIUSOS DA XUNQUEIRA UNHA CONCELLEIRA DEUNOS INFORMACIÓN DE REDONDELA: AS PARROQUIAS, FESTAS E CELEBRACIÓNS CULTURAIS, EDIFICIOS EMBLEMÁTICOS...
LOGO, NA SEDE DO CONCELLO, RECIBIUNOS A ALCALDESA QUE FOI SAUDANDO UN POR UN.
O INTERVENTOR CONTOUNOS CANTO DIÑEIRO CUSTABA O MOBILIARIO URBANO: BANCOS, PAPELEIRAS, CONTEDORES DE LIXO... E QUE TIÑA QUE PAGAR O CONCELLO PARA REPOÑELOS CANDO HABÍA ACTOS DE VANDALISMO. QUEDAMOS SORPRENDIDOS, XA QUE CO DIÑEIRO DESTINADO A ESTES ARRANXOS PODERÍANSE FACER COUSAS NOVAS.
E QUEDOUNOS CLARO QUE O DIÑEIRO SAE DOS IMPOSTOS DE TODOS/AS OS QUE TRABALLAMOS, INCLUÍDOS OS PAIS E NAIS DO NOSO ALUMNADO.
VIÑEMOS MOI CONTENTOS CO BEN QUE NOS TRATARON E ADEMAIS DÉRONNOS UNHA BONITA BOLSA DO CONCELLO!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario