O 14 de novembro é o Día da Diabete. Para achegarnos ao coñecemento desta enfermidade visitounos no colexio Elisa, da Asociación ANEDIA, acompañada da mascota da súa filla, Alexandra, que padece esta doenza.
5º e 6º asistimos a unha charla moi interesante na que Elisa nos explicou como o seu can "Sweet" axuda a detectar a glucemia, as súas subidas ou baixadas, e así pode axudar inmediatamente a pór remedio ao problema médico da súa filla.
Resultou ser unha actividade moi interesante da que aprendemos moito.
DE QUE GRAN AXUDA PODEN SER OS ANIMAIS!!!
A CONTINUACIÓN PODEDES LER A NOVA QUE REDACTOU 6º SOBRE A ACTIVIDADE E ASÍ TEREDES MÁIS INFORMACIÓN:
PARA FACER ESTA NOVA PRIMEIRO TRABALLAMOS O PROCESO PARA A SÚA REDACCIÓN E AS PARTES DE QUE DEBE CONSTAR UNHA NOVA DO XORNAL
No hay comentarios:
Publicar un comentario