06 diciembre 2021

25 DE NOVEMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA.


 

 Un ano máis temos que lembrarnos desta data no noso colexio, xa que seguen a darse múltiples casos de todo tipo de violencia contra as mulleres. 

 Levamos unha cifra alarmante e dolorosa de asasiñadas polos seus maridos ou ex-maridos; parellas ou ex-parellas ou por descoñecidos que nos respectan os dereitos das mulleres.


Nas clases de 5º e 6º reflexionamos sobre estes feitos e abordamos a necesidade do respecto e da igualdade. Todos xuntos, nenos e nenas, queremos un futuro sen violencia machista.

 

5º e 6º participamos nas actividades do colexio: Escribimos os nomes de mulleres asasiñadas en lazos lilas para logo colgalos da verxa do cole; plantamos pensamentos, tamén lilas no seu honor, lemos un Manifesto...

EN VALORES, DE 6º, CONFECCIONAMOS UN LAZO LILA EXPRESANDO OS NOSOS DESEXOS DENTRO DE CORAZÓNS DE AMOR...

No hay comentarios:

Publicar un comentario