O 3 de decembro celébrase o "DÍA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL" e, claro está, non podiamos deixar pasar o día sen facer algún acto recordando a data no noso cole.
5º e 6º participamos nas actividades propostas a nivel de centro e, así,o alumnado buscou información, nas súas casas, sobre distintas terapias realizadas con animais para axudar á xente que ten algunha discapacidade, a partir de enlaces de Internet proporcionados polo Departamento de Orientación.
A información seleccionada foi escrita nun modelos de Ficha que se proporcionou e que debía ir acompañado por unha foto.
Con todas as fichas, completamos un Mural no recibidor do colexio que logo fomos visitar por cursos. Había una información moi variada e completa de todo tipo de terapias.
O alumnado de 6º, en Valores, pintou e recortou unha plantilla de "ELMER", un elefante protagonista dunha morea de contos infantis, que reivindica o seu dereito a ser diferente.
"DISTINTOS, PERO IGUAIS EN DEREITOS"
No hay comentarios:
Publicar un comentario