Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTO ANIMALADAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTO ANIMALADAS. Mostrar todas las entradas

31 mayo 2022

"UN MUNDO VARIADO DE RAS"

O alumnado de Sexto desenvolveu, ao longo do curso, un Proxecto de investigación sobre as ras, tendo en conta o Proxecto da Biblioteca "Animaladas" e servíndonos de inspiración o Mural pintado diante do comedor.

Buscamos información na Biblioteca e nos ordenadores Abalar, seleccionámola e redactamos unha nova. 

Cada un escolleu un tipo de ra e, ademais, de facer distintas fichas, coas que confeccionamos un Mural,

elaboramos marcapáxinas, 

 

cucuruchos, 

 

ras de papel... 

 

Tamén elaboramos diapositivas coas que compuxemos este Powert Point que vos invitamos ver. 

27 abril 2022

VISITA AO ZOO DA MADROA

O xoves, 21 de abril de 2022, todo o alumnado do colexio foi ao Zoo de Vigo para visitar aos seus animais

A pesar da chuvia intermitente pasámolo xenial entrando en contacto con animais de moitos hábitats distintos do noso.

Aquí vai unha pequena mostra fotográfica da visita.



13 enero 2022

1ª TAREFA DO CURSO DE SEXTO (xoves, 13 de xaneiro)

 Boas queridos alumnos/as:

Desexo que canto antes estedes ben e podamos estar xuntos. Mentres irei subindo materiais traballados na aula. 

 Tendes que lelos e estudalos e, como volos estou fotocopiando, logo pegarédelos nos cadernos.

 Mandareivos facer exercicios e traballos que indicarei para que o fagades todo ben.

1.- Empezamos co feito en NATURAIS: 

 

A partir desta información e, mirando o libro dixital subido na Aula Virtual, facede os seguintes exercicios: 1,2,4,5 e 6 das páxinas 48 e 49.

Como  o caderno de NATURAIS quedou na clase, facédeos nunha folla cuadriculada que logo pegaredes nel.

2.- EXPLICACIÓN  SESIÓN ABALAR

 
Esta FOLLA pegarédela na vosa axenda que tamén vola fotocopiei. Agora, podedes lela e practicar na casa.
 É para facer cada un de vós unha diapositiva. Pero isto volo explicarei máis adiante.
3.-TEXTO KAMISHIBAI.
 
 Foi inventado na clase a partir da idea dunha compañeira. Está fotocopiado, logo téndelo que pegar na libreta de GALEGO que tendes na casa, xa que mandara inventar unha fábula sobre unha ra.
Deixade unha carilla libre para pegar ese texto e facede a continuación un debuxo sobre o texto. 
 Acompaño unha foto do mural. O debuxo, tamaño da folla da libreta será en horizontal e terá dúas partes: unha, co mural de día e, outra, cos personaxes de noite. Elixiremos un debuxo para logo ampliar e pintar entre todos.
E esto é todo por hoxe. Mañá subirei máis tarefas. Un bico.

28 noviembre 2021

DÍA DA DIABETE

 O 14 de novembro é o Día da Diabete. Para achegarnos ao coñecemento desta enfermidade visitounos no colexio Elisa, da Asociación ANEDIA, acompañada da mascota da súa filla, Alexandra, que padece esta doenza.

5º e 6º asistimos a unha charla moi interesante na que Elisa nos explicou como o seu can "Sweet" axuda a detectar a glucemia, as súas subidas ou baixadas, e así pode axudar inmediatamente a pór remedio ao problema médico da súa filla.

Resultou ser unha actividade moi interesante da que aprendemos moito. 

DE QUE GRAN AXUDA PODEN SER OS ANIMAIS!!!

A CONTINUACIÓN PODEDES LER A NOVA QUE REDACTOU SOBRE A ACTIVIDADE E ASÍ TEREDES MÁIS INFORMACIÓN:

 
  
PARA FACER ESTA NOVA PRIMEIRO TRABALLAMOS O PROCESO PARA A SÚA REDACCIÓN E AS PARTES DE QUE DEBE CONSTAR UNHA NOVA DO XORNAL