13 enero 2022

1ª TAREFA DO CURSO DE SEXTO (xoves, 13 de xaneiro)

 Boas queridos alumnos/as:

Desexo que canto antes estedes ben e podamos estar xuntos. Mentres irei subindo materiais traballados na aula. 

 Tendes que lelos e estudalos e, como volos estou fotocopiando, logo pegarédelos nos cadernos.

 Mandareivos facer exercicios e traballos que indicarei para que o fagades todo ben.

1.- Empezamos co feito en NATURAIS: 

 

A partir desta información e, mirando o libro dixital subido na Aula Virtual, facede os seguintes exercicios: 1,2,4,5 e 6 das páxinas 48 e 49.

Como  o caderno de NATURAIS quedou na clase, facédeos nunha folla cuadriculada que logo pegaredes nel.

2.- EXPLICACIÓN  SESIÓN ABALAR

 
Esta FOLLA pegarédela na vosa axenda que tamén vola fotocopiei. Agora, podedes lela e practicar na casa.
 É para facer cada un de vós unha diapositiva. Pero isto volo explicarei máis adiante.
3.-TEXTO KAMISHIBAI.
 
 Foi inventado na clase a partir da idea dunha compañeira. Está fotocopiado, logo téndelo que pegar na libreta de GALEGO que tendes na casa, xa que mandara inventar unha fábula sobre unha ra.
Deixade unha carilla libre para pegar ese texto e facede a continuación un debuxo sobre o texto. 
 Acompaño unha foto do mural. O debuxo, tamaño da folla da libreta será en horizontal e terá dúas partes: unha, co mural de día e, outra, cos personaxes de noite. Elixiremos un debuxo para logo ampliar e pintar entre todos.
E esto é todo por hoxe. Mañá subirei máis tarefas. Un bico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario