MATERIAS 5º
Buscar este blog
04 octubre 2021
01 octubre 2021
INVESTIGACIÓN: PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS
NO TEMA 1 DE SOCIAIS ESTUDAMOS DISTINTOS ESPAZOS PROTEXIDOS DO NOSO PAÍS E O SEU LUGAR DE UBICACIÓN.
LOGO INVESTIGAMOS SOBRE O PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS. ESTE É O RESULTADO:
26 septiembre 2021
INICIANDO UN NOVO CURSO: 2.021/ 2.022
5º de Primaria accede ilusionado e con ganas aos ordenadores Abalar, buscando información e facendo investigacións para completar unha Ficha sobre os volcáns, como vedes nas fotos:
6º empeza o Proxecto "Animaladas" da Biblio, fotografándose nun mural do cole coa súa ra, que acollemos como mascota da clase.
22 mayo 2021
FESTA DAS LETRAS GALEGAS
Fixémolo por ciclos para gardar todas as medidas de seguridade.
A actuación de 5º e 6º consistiu no recitado de versos de Xela Arias, poetisa á quen se lle adica o Día das Letras Galegas neste 2.021.
Rematamos cantando o Himno Galego
Como sabedes o noso colexio participou nun Concurso da Xunta resultando gañador. Cada clase elaborou un cartel reflectindo a vida e obra de Xela Arias. Estes son os de 5º e 6º:
16 mayo 2021
UNS MAIOS MOI ARTÍSTICOS
Unha vez máis houbo que tirar de imaxinación para realizar unha celebración típica do noso colexio: OS MAIOS.
Non podiamos elaboralos entre todos e todas por mor da pandemia e cos seus elementos naturais: fiuncho, flores variadas coas que facer guirnaldas, ovos, laranxas...
E, polo que, cada clase confeccionou un MAIO artístico, facendo flores e demais elementos decorativos con papeis, pompóns... de diverso tipo.
Pero o resultado foi espectacular. Antes, as familias, compuxeran coplas nas casas que foron seleccionadas polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e repartidas para ser cantadas polos distintos cursos.
Foi unha celebración moi especial que realizamos por cursos.
E, para lembrar como se fai un MAIO de verdade, colocamos nunha mesa todos os elementos naturais que o compoñen: