25 mayo 2011

O médico galego que salvou miles de xudeus do nazismo

Centos de xudeus perseguidos polo nazismo (polacos e checos na súa maioría) foron rescatados polo doutor vigués Martínez Alonso, quen expediu certificados médicos falsos, creou a ruta de evacuación dende o campo de concentración franquista de Miranda de Ebro a Vigo e mesmo cedeu a súa casa en Galicia para acoller os fuxitivos na súa fuxida cara a Portugal. O feito era ignorado pola antropóloga ata os seus 40 anos, cando descubriu o diario e pasou a investigar informacións contidas nas súas páxinas. .
Eduardo Martínez Alonso naceu no Areal vigués, na beiramar, no ano de 1903. Mais o destino laboral do seu pai -como cónsul xeral de Uruguai en Glasgow e Liverpool- levárono a vivir no Reino Unido. Durante a Guerra Civil Española, estivo como médico de campaña ao servizo neutral da Cruz Vermella.

O propio doutor Eduardo Martínez acollía a moitos refuxiados xudeus no seu propio piso de solteiro antes de que puidesen saír de Madrid. Eduardo "Lalo" Martínez durante a Guerra Civil, daba acubillo aos refuxiados xudeus no convento de Jaca. Logo de pasar pola tapadeira do Embassy en Madrid, chegaban ao piso de Martínez Alonso na rúa Urzais de Vigo, ou á súa residencia de verán en Redondela.
Acabada a guerra, os Martínez de Vicente regresaron coa súa filla recentemente nada a España. Volveron a Madrid. El seguiu sendo médico da Cruz Vermella até o seu falecemento en 1972 e xamais falou do seu traballo secreto na salvación de milleiros de fuxitivos xudeus de toda Europa. Todo un canto á vida.
O medico galego Eduardo Martinez,vanlle por o seu nome a unha rúa, chamada Rúa Eduardo Martínez.
O Goberno británico concedeu ao doutor Eduardo Martínez Alonso a Medalla ao Valor en 1945, e no ano 2007 foi proposto para o título de Xusto entre as Nacións do Yad Vashem de Jerusalem por axudar a salvar a vida durante o Holocausto a milleiros de xudeus, un galardón que tan só teñen actualmente catro españois.

No hay comentarios:

Publicar un comentario