25 mayo 2011

O PROXECTO ABALAR



Este ano os nenos de quinto de primaria e primeiro de ESO teñen a sorte de poder probar un proxecto: o proxecto abalar.

Un proxecto no que os nenos de quinto de primaria e primeiro de ESO poderán escribir en ordenadores. Unha boa idea para que os nenos se familiaricen ca tecnoloxía xa que estamos na era dixital. Así sería máis rápido a hora de facer os exercicios.

O profesor ten un ordenador que ten conectados uns cables que van por unha especie de tubo ata o proxector, e así a imaxe que ve o profesor no seu ordenador aparece na pantalla dixital que tamén é táctil. Cada un de nós ten un ordenador co seu número da lista. Os gardamos nun armario de carga onde cada día o acabar a escola carga os ordenadores.

O mellor se o proxecto sae ben os nenos de sexto de primaria e segundo de ESO tamén terán ordenadores para o seguinte curso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario