25 mayo 2011

A TARTARUGA SAÍNZA,
A MASCOTA DE PORTO CABEIRO

De entre todo os participantes escolares a “Mascota oficial” da Biblioteca escolar,resultando gañadora “A Tartaruga Saínza”, de Yoel, de tres anos e familia.
Dada a calidade dos traballos,o xurado decidiu conceder, ademais, dous accésits que recaeron en “Un libro de nome Ledo” de Diego, de 3º de primaria e familia, e no “Verme Bubu”, de Araíz, de 5 anos e familia.
Todos eles recibirán un agasallo da biblioteca, en forma de libros.
Con todos os traballos montouse unha exposición no recibidor do Centro, que dende o 17 de xaneiro en que foi inaugurada, permanecerá aberta ata finais de febreiro.

A mascota gañadora foi elaborada cos seguintes materiais:
-Un bol que se encheu con escaiola cirúrxica,facendo de cuncha,e cartón ondulado,papel,fieltro e musgo artificial para recubrila.
-Prancha de escuma para o recheo de cabeza e patas.
-Anacos de tea para a cobertura exterior de cabeza e patas.
-Cable para a suxeición e para os anteollos da tartaruga .
-Carpetas de cartón vellas pintadas,adhesivos e pasta de cociñar para facer e adornar os libros que a tartaruga leva enriba da cuncha.

Nomes doutras mascotas doutros colexios:
-Leo León.
-Don Lecturín.
-Leo.
-O sol Lorenzo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario