24 noviembre 2014

25 de novembro: CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 ¡NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO!
MALTRATAR: Tratar mal unha persoa, un animal ou unha cousa. Neste caso, falemos das persoas que temos ao noso arredor.
Cando pelexamos e nos pegamos, facémonos dano. Pero ás veces tamén facemos dano cando facemos burla doutra persoa, cando utilizamos o insulto, cando non deixamos que outro neno ou nena xogue no noso equipo, e cando permitimos que unha compañeira ou un compañeiro sufra en soidade.
¿Nalgún momento sufriches nalgunha destas situacións? ¿Nalgún momento provocaches algo parecido?
Hoxe celébrase o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero
¿QUE É A VIOLENCIA DE XÉNERO?
Trátase dunha violencia que afecta ás mulleres polo mesmo feito de selo.
Constitúe un atentado contra a integridade, a dignidade e a liberdade das mulleres, independentemente do ámbito no que se produza.
Hoxe presentámosvos unha selección de vídeos que nos poden servir para debater nas aulas. Un adianto para o luns. 






Os nenos e nenas de sexto facemos STOP á violencia de xénero cantando.


No hay comentarios:

Publicar un comentario