13 noviembre 2014

ILLA DO LIXO

Sabedes que agora hai una Exposición na Fundación Barrié chamada

Out to Sea? El proyecto de los residuos de plástico

Enormes cantidades de plástico chegan aos nosos mares todos os días, e paseniño se van transformando nunha sopa de plástico, con graves consecuencias para a nosa saúde. Cada ano, máis de 6,4 toneladas de residuos plásticos chegan aos océanos…
O proxecto www.PlasticGarbageProject.org denúnciao, e a exposición Out to Sea? O proxecto dos residuos de plástico amósao ao público nunha exposición creada polo MuseumfürGestaltungZürich en asociación coa Drosos Foundation,que a Fundación Barrié trae a España por primeira veze que se presenta en Vigo.
Out to Sea? O proxecto dos residuos de plástico estará aberta ao público entre o13 de novembro de 2014 e o 1 de marzo de 2015, en Vigo (sede Fundación: Policarpo Sanz, 31)
O núcleo da exposición é unha instalación de residuos de plástico que aboian procedentes de distintos océanos, pero sobre todo de Hawai, que un gran contedor trasladou ao peirao de Vigo desde o norte de Europa. 
Estes obxectos permiten ao espectador rastrexar as orixes, o ciclo vital, o sentido e a insensatez dos produtos plásticos.
http://www.fundacionbarrie.org/gl/actividades/exposicions/exposicions-temporais
Deixovos un vídeo
http://vimeo.com/36586523
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario