23 noviembre 2014

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 25 de novembro 
DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 
O día 25 de novembro foi elixido como data internacional da loita contra a violencia á muller en homenaxe as irmás Mirabal, que morreron asasinadas nas mans do réxime dominicano de Trujillo en 1960. A memoria destas tres irmás, que deron as súas vidas pola causa da muller énchenos de forza para seguir loitando por unha sociedade igualitaria. 
A educación ten un papel importante nesta “loita”, sendo necesario para todos, incluídos os nenos e nenas, coñecer os dereitos que nos asisten, tales como:
TODAS AS PERSOAS TEÑEN DEREITO
– A vivir unha vida libre de abuso de poder.
– A contalo, cando sexan vítimas de violencia ou abusos.
– A buscar apoio e pedir axuda.
– A levar unha vida digna, libre de vexacións de compañeiras, compañeiros ou adultos.
 NINGUÉN TEN DEREITO
Non á Violencia de Xénero– A agredir outras persoas, nin física, nin psicoloxicamente.
– A forzar a ningún compañeiro ou compañeira a facer algo que non quere.
– A violentar ou tocar o corpo doutra persoa para o seu beneficio persoal. 


Para entender e traballar o tema, nada mellor que a elaboración dun  GLOSARIO DE TERMOS que vos presentamos e por último o MANIFIESTO ANTIVIOLENCIA DE XÉNERO.


 Música "Salir corriendo" (Amaral do CEIP ISAAC PERAL

No hay comentarios:

Publicar un comentario