QUERIDOS ALUMNOS/AS:
Chegamos a fin de Curso cada un/unha de nós nas súas casas.
Non podeimos xuntarnos para a Festa Fin de Curso e a merendola, tampouco fixemos a Excursión...
Preparei un Power Point con fotos que recollen o voso paso polo colexio.
Xa vos avisarei, en setembro, sobre a forma de facérvolo chegar. Se todo fose ben, algunha despedida fariamos nese momento.
Preparei un Power Point con fotos que recollen o voso paso polo colexio.
Xa vos avisarei, en setembro, sobre a forma de facérvolo chegar. Se todo fose ben, algunha despedida fariamos nese momento.
Pero hai que ver o positivo dentro do negativo: Seguimos todos e todas en contacto, aínda que sexa virtual, estamos ben nós e a familia (que outras persoas non poden dicir o mesmo) e en setembro iremos a unha "nova normalidade" con mascarillas, pero todos xuntos en contacto no Instituto. Esta experiencia seguro que nos fai máis fortes e aprendemos a valorar as cousas positivas que temos que, ás veces, nin apreciamos.
Vós estivestes mandando fotos.
Agora tócame a min.
Na primeira, hai un coelliño que logra sobrevivir nunha praza de Vigo, nun pequeno parque, rodeado de cans que levan os seus donos a pasear.
Moita sorte coelliño...
Na segunta foto, aparezo eu cun novo membro da familia.
Sempre hai motivo para a esperanza...
Despois deste sermón que vos botei, quero que fagades unha última tarefa:
Unha redacción, en galego ou castelán, como prefirades, sobre este curso. Lembrádevos: unha breve introdución; nun 2º parágrafo, o que máis vos gustou; nun 3º parágrafo, o que menos vos gustou, pero explicando os motivos; nun 4º, contádeme que opinión tendes de min (que vos gustaba de min e o que non; así podo aprender para o próximo curso); e, finalmente, unha conclusión, coas vosas valoracións persoais.
Súbo para a semana, o luns, os traballos ben feitos. E, para a semana, tamén subo materia e exercicios por se queredes repasar no verán.
AS NOTAS PUBLICARANSE, POLO ABALAR, O VENRES, 19 DE XUÑO.ATENTOS AO VÍDEO QUE SUBO A CONTINUACIÓN, NA ENTRADA DE CINE GALEGO: IGNACIO VILAR. ACOMPAÑO DO PROXECTO FEITO ENTRE TODOS/AS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario