GALEGO
*1.- As solucións da Ficha de Avaliación subireinas o próximo luns.
*2.- TAREFA PARA TODOS/ AS:
Escribide unha carta ao Presidente do Goberno, Pedro Sánchez, explicándolle como vos sentíchedes durante o confinamento. Trátase de que saiba como un rapaz/a da vosa idade vivíu esta situación tan especial.
LEMBRADE: PARTES DA CARTA:
1.- Na parte superior dereita, escríbese o lugar e data. Ex:
Vilar, 8 de xuño de 2.020
2.-Debaixo, escribimos o saúdo, tendo en conta a quen vai dirixida a carta. Ex:
"Ilustrísimo Sr. Presidente do Goberno"
3.-Texto da carta, tendo en conta que o trato ten que ser cortés, non é o voso amigo, familiar... Ex:
Sabendo que Vostede é unha persoa moi ocupada agradezo de antemán que lea a miña carta...
4.- Despedida formal. Non podedes despedirvos cun bico, un abrazo...Non é un trato directo ou cercano o que mantedes con el.
5.- Sinatura.
IMPORTANTE: MANDAR FOTO.
DATA LÍMITE: VENRES, 12.
Áxel, Yerai e Rubén é unha das recuperacións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario