Xa só queda a derradeira semana de curso e, como é habitual, non será unha semana de traballo, senón de recollida e de despedidas. A pena é que non poidamos ter festa con música e merendola.
Sei que estades cansos de traballar durante todo o curso así que hoxe será o último día no que realizaremos actividades.
Taller de Escritura:
No taller de hoxe falaremos das festas de Redondela. Faremos unha redacción sobre a Coca, contaremos a lenda, explicaremos como é a celebración e que personaxes participan explicando cada un deles. Tamén falaremos do baile típico e da vestimenta.
Lembrade estruturar o texto en parágrafos, escribir en lingua galega e procurar non cometer erros ortográficos.
Cando teñades o traballo o enviades ao meu correo.
Gustaríame aproveitar para facer unhas recomendacións de cara ao verán.
A primeira e máis importante é LER sempre que poidades, cando teñades un ratiño libre ou antes de durmir. Calquera momento é bo para ler un pouco.
Son voluntarias polo que decidirán as familias se consideran convinte que os nenos e nenas realicen traballo no verán.
Respecto á reunión de despedida do luns 15 faremos dúas reunións, unha en horario de mañá e outra de tarde, co obxectivo de que tod@s teñan a oportunidade de despedirse. Poderán asistir á que queiran ou ás dúas.
O luns farei unha entrada no blog co enlace correspondente para unirse á reunión, que será por Webex.
Pola mañá será ás 11:30 h. e pola tarde ás 19:30 h. e durarán unha hora cada unha delas.
- CORRECCIÓN lingua castelá.
- CORRECCIÓN matemáticas.
Vémonos o luns, moitos bicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario