26 junio 2020

"REPASANDO 6º NO VERÁN"

Queridísimos alumnos/as:
Acabou o curso, por fin! Todos/as aprendestes e vos esforzastes moito. Por todo iso e, polos meses tan duros que pasamos, merecemos un Feliz Verán. Gozade coa familia e amigos, facede deporte, colaborade na casa, vede películas, escoitade música, paseade...
Pero atopade un anaco de tempo para repasar o aprendido e tamén para ver e traballar naqueles contidos que non poidemos explicar na clase e que vos subo nas  seguintes cinco Entradas:
Lengua
 Galego
 Naturais
Sociais
Matemáticas
Lede todos os días, repasade caligrafía e ortografía facendo pequenos ditados e redaccións sobre o que facedes no verán. A ver quen se anima a escribir un diario. Repasade as táboas de multiplicar, facede cálculo, repasade problemas...
MOITOS BICOS!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario