27 marzo 2020

PROPOSTAS DE TRABALLO 6º (DO 30 DE MARZO AO 10 DE ABRIL)

QUERIDÍSIMOS ALUMNOS/AS:
Desexo que esteades todos e todas moi ben, igual que as vosas familias.Teño moitas ganas de veros e de que traballemos xuntos de novo. Penso que vós tamén!
Espero que nas dúas semanas que levades nas casas, traballarades no que marquei.
Se non é así, axiña rematade porque mando máis traballo.
 Á volta correxirémolo todo. Lembrade os meus consellos e  traballade que o día dá para facer todo tipo de actividades, non so as de lecer. Tendes o Horario na Axenda e os libros nas casas polo que non hai desculpa.
Por favor, como sei que os vosos pais/nais teñen un grupo de WhatsApp, o primeiro/a que lea esta información que a traslade para que ninguén quede descolgado. Poñédevos en contacto, por favor, con Álex Montenegro e Rubén, que non viñeron a buscar as tarefas que están na Entrada do Blog do 16 de marzo, tal e como vos indiquei na Folla de Instrucións. Mario dille a Ángela que lle porei a súa tarefa a parte nunha Entrada que dirá TRABALLO ÁNGELA.
Todos os demais ide mirando as distintas Entradas que farei, unha por cada materia e nesta orde: SOCIAIS, NATURAIS, GALEGO, CASTELÁN, MATEMÁTICAS e HORA DE LER. Non vos agobiedes, é para dúas semanas, pero traballade en cada materia, como dixen, seguindo o Horario de clase.
Un bico para todos/as
Mª José
* EMPEZAREI  COA  ENTRADA  DA  MATERIA  DE  SOCIAIS

No hay comentarios:

Publicar un comentario