29 marzo 2020

PROPOSTAS DE MATEMÁTICAS 6º (30 MARZO-10 ABRIL)

TEMA 8

*1.- Temos explicado:

 +Magnitudes directamente proporcionais.
 + Reducción á Unidade.
 
*2.- Os exercicios da páxina 113: 1-4 correxirémolos á volta.

*3.- Seguiremos, de momento, con exercicios de repaso destes conceptos. Da páxina de tarefas que incorporo facede solo os exercicios do 1 ao 5. Copiádeos na libreta e ide resolvendo un a un.
 




Para axudarvos na resolución, ademais do libro, podedes usar recursos dixitais. Pinchade enriba da palabra  enlace   
 e, logo, enriba de ANAYA e buscade o tema 8, e dentro del as Magnitudes proporcionais e a Redución á unidade. Veñen moitas explicacións, actividades e xogos dixitais para aprender e repasar de forma divertida.
Tamén podedes facer as actividades de temas anteriores e así refrescades a vosa memoria.

* 4.- FOLLA DE CÁLCULO: Que un adulto vola corrixa. Logo podedes seguir practicando facendo as Follas de calculo que mandei ao longo do curso. Claro, facédeas sen mirar e, logo, autocorrexilas.
Fundamental, repasade as táboas de multiplicar.

Este tema entrará para a 3ª Avaliación, pero quedan moitos conceptos por explicar antes de rematalo.
TRABALLADE SEGUINDO O HORARIO DE CLASE, PRESTANDO ATENCIÓN. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario