30 marzo 2020

PROPOSTA DE TRABALLO PARA ÁNGELA

Queridísima alumna:

Desexo que estes moi ben, igual que a túa familia.Teño moitas ganas de verte e de que traballemos xuntas de novo. Penso que ti tamén!
Espero que nas dúas semanas que levas na casa, traballaras no que marquei.
Se non é así, axiña remata porque mando máis traballo.
 Á volta correxirémolo todo. 
Lembra os meus consellos e  traballa que o día dá para facer todo tipo de actividades, non so as de lecer. Tes o Horario na Axenda.

Ademais as túas Propostas de Traballo aparecerán na Páxina Web do colexio dentro dunha Carpeta que pon 6º de PRIMARIA. Recomendo que vexas tamén a Carpeta de Orientación, con todo tipo de actividades de repaso. 

Un bico
Mª José

Empezamos:

*1.- HORA DE LER

"CHOIVA DE RAS"
Espero que xa remataras a lectura deste libro que conta a historia da ra máis mona do lugar, RaMona.
Se non é así, veña a acabalo, que tes que facer unha 
FICHA DE LECTURA.

Copia na libreta de Galego os enunciados e vai contestando un a un a bolígrafo, con letra clara e sen faltas de ortografía. Faino nunha folla a parte, onde non haxa outras actividades. 

Contará como nota para a 3ª Avaliación.
  
FICHA DE LECTURA

*TÍTULO DO LIBRO:
*AUTORA:
*EDITORIAL:
*ANO DE PUBLICACIÓN:
*Nº DE PÁXINAS:
*DIVISIÓN EN CAPÍTULOS CO TÍTULO DE CADA UN:
 *PROTAGONISTA DA HISTORIA:
*GUSTOUME/ NON ME GUSTOU PORQUE...


 *2.- NATURAIS

TEMA: A NUTRICIÓN

*Para que te axude no repaso do tema incorporo un enlace para interactuar con actividades dixitais e afianzar os contidos: pincha enriba da palabra Nutrición e logo enriba de ANAYA e busca o TEMA 3 onde atoparás todos estes recursos:
 
- Traballa coa imaxe do aparato dixestivo

-Vídeo da dixestión

-Identifica as partes do aparato respiratorio

-Aparato respiratorio

-Identifica as partes do corazón

-Completa as frases I

-Completa as frases II

-Organización da información

-Test  de Avaliación da Unidade

E, se queres facelo voluntariamente:

- Como construir un modelo de pulmón

  *INVESTIGACIÓN CORONAVIRUS 
(Afecta ao  aparato respiratorio)

Copia este esquema na libreta de Naturais e contesta con bolígrafo un a un cada apartado:

-TÍTULO: "O CORONAVIRUS"
-QUE É:
- CALES SON AS SÚAS CARACTERÍSTICAS:
- DEBUXÁMOLO:
 -COMO SE TRANSMITE:
-CALES SON OS SEUS SÍNTOMAS:
-CAL É O PAÍS DO MUNDO ONDE APARECEU:
-CITA PAÍSES AFECTADOS:
-INCIDENCIA EN ESPAÑA (contaxiados e mortos):
-INCIDENCIA EN GALICIA (contaxiados e mortos):
-CITA MEDIDAS LEVADAS A CABO PARA LOITAR CONTRA EL:
  
Coida a presentación, faino a bolígrafo e co debuxo pintado e, claro está, en Galego. Contará para a 3ª Avaliación.

 *3.- SOCIAIS
   
*Estas a facer na escola o mapa de Europa con plastilina. Rematarémolo á volta. 
 Podes repasar os nomes dos países europeos practicando nestes Mapas Interactivos de EUROPA. Pincha aquí

* INVESTIGACIÓN sobre un país da UE (por exemplo España)que aporte esta información:

-NOME DO PAÍS: ESPAÑA

-CAPITAL:

-IDIOMA/S:

-EXTENSIÓN:

-Nº DE HABITANTES:

-FORMA DE ESTADO (MONARQUÍA OU REPÚBLICA):

-ANO DE ENTRADA NA UE: 

-DEBUXA O MAPA E A BANDEIRA.

Faino na libreta de Sociais, en galego, a bolígrafo, nunha folla onde non haxa outras actividades, copiando este esquema que te adxunto arriba.

Contará para a 3ª Avaliación
 
* 4.- LENGUA CASTELLANA

Proporciónoche uns cuadernillos de repaso. Non te preocupes, son moitas fichas, seino. Selecciona ti as que queiras facer. Ou ben as imprimes, ou ben as copias na túa libreta e con calma vas facéndoas na libreta. Moitas actividades podes facelas oralmente, cun adulto que te axude:



Pincha enriba de   LECTURA E COMPRENSIÓN

e poderás ler moitas lecturas distintas e contestar preguntas de comprensión, tamén oralmente. Tamén podes facer pequenos ditados cada día copiando un pequeno fragmento de cada lectura para mellorar a ortografía. 

5.- MATEMÁTICAS

*Segue repasando as táboas de multiplicar para facer ben o teu cálculo.
* Apórtoche cuadernillos de desenvolvemento da intelixencia e de repaso. Teñen abundantes fichas, non te preocupes. Coa axuda dun adulto vai seleccionando para facer actividades variadas de razoamento; de cálculo: sumas, restas, multiplicacións, divisións; descomposición de números; escrita ou lectura de números; resolución de problemas; diñeiro con billetes e moedas... Non fagas aquelo que aínda non traballamos. Quedará para máis adiante.
Moitas das fichas pódelas resolvelas oralmente fixándote na pantalla do ordenador

No hay comentarios:

Publicar un comentario