27 marzo 2020

PROPOSTAS DE SOCIAIS 6º (30 MARZO-10 ABRIL)

TEMA 4: EUROPA.
CARACTERÍSTICAS DA SÚA POBOACIÓN. A UNIÓN EUROPEA (UE)
*1.- Seguide repasando o tema, que está xa explicado por completo e correxidas as súas actividades.
 Á volta marcaremos o Exame cuxa nota contará para a 3ª Avaliación.
*2.- O Traballo xa marcado das Fichas 1,2 e 3 tense que presentar rematado, a bolígrafo, cando volvamos. Contará cunha nota para a 3ª Avaliación.
*3.- Mapa de Europa. Deberanse repasar a bolígrafo azul os nomes que mandamos (que un adulto volo corrixa antes). Incorporaremos a bolígrafo vermello os nomes das capitais dos seguintes países: España, Portugal, Francia, Italia, Alemania, Gran Bretaña, Suecia, Noruega, Bélxica e Rusia. 
Porase nota para a 3ª Avaliación.
*4.- Exame do Mapa Político: Estudamos os países e as capitais marcadas. Podemos memorizalos practicando nestes Mapas Interactivos. Pincha aquí
*5.- INVESTIGACIÓN sobre un país da UE (o que queiramos)que aporte esta información:
- NOME DO PAÍS:
-CON QUEN LIMITA:
-CAPITAL:
-IDIOMA/S:
-EXTENSIÓN:
-Nº DE HABITANTES:
-DENSIDADE DE POBOACIÓN:
-FORMA DE ESTADO (MONARQUÍA OU REPÚBLICA):
-ANO DE ENTRADA NA UE: 
-CITA ALGO RELEVANTE DESE PAÍS:
-DEBUXA O MAPA E A BANDEIRA.
Farémolo na libreta, a bolígrafo, nunha folla onde non haxa outras actividades, copiando este esquema que vos adxunto arriba.
Contará para a 3ª Avaliación
LEMBRADE: ESTE TRABALLO É ATA O 10 DE ABRIL, TENDES DÚAS SEMANAS. SEGUIDE O HORARIO DA ESCOLA. ÁNIMO E FACÉDEO BEN. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario