29 marzo 2020

PROPOSTAS 6º PRIMARIA (30 MARZO - 10 ABRIL)

QUERIDÍSIMOS ALUMNOS/AS:
Desexo que esteades todos e todas moi ben, igual que as vosas familias.Teño moitas ganas de veros e de que traballemos xuntos de novo. Penso que vós tamén!
Espero que nas dúas semanas que levades nas casas, traballarades no que marquei.
Se non é así, axiña rematade porque mando máis traballo.
 Á volta correxirémolo todo. Lembrade os meus consellos e  traballade que o día dá para facer todo tipo de actividades, non so as de lecer. Tendes o Horario na Axenda e os libros nas casas polo que non hai desculpa.
Por favor, como sei que os vosos pais/nais teñen un grupo de WhatsApp, o primeiro/a que lea esta información que a traslade para que ninguén quede descolgado. Poñédevos en contacto, por favor, con Álex Montenegro e Rubén, que non viñeron a buscar as tarefas que están na Entrada do Blog do 16 de marzo, tal e como vos indiquei na Folla de Instrucións. Mario dille a Ángela que lle porei a súa tarefa a parte nunha Entrada que dirá TRABALLO ÁNGELA.
Todos os demais ide mirando as distintas Entradas que farei, unha por cada materia e nesta orde: HORA DE LER,  MATEMÁTICAS, CASTELÁN, GALEGO,  NATURAIS e  SOCIAIS.  
Non vos agobiedes, é para dúas semanas, pero traballade en cada materia, como dixen, seguindo o Horario de clase.
Un bico para todos/as
Mª José

* EMPEZAREI  COA  ENTRADA  da    HORA DE LER.
C0mo son 8 Entradas distintas e con explicacións longas, ademais da Páxina Principal, buscádeas nas Entradas Antigas do BLOG, sendo a última  Entrada unha co mesmo contido desta.
Ademais estas Propostas de Traballo de 6º aparecerán na Páxina Web do colexio nunha Carpeta que pon 6º de PRIMARIA. Recomendo que vexades tamén a Carpeta de Orientación, con todo tipo de actividades de repaso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario