28 marzo 2020

PROPOSTAS NATURAIS 6º (30 MARZO-10 ABRIL)

TEMA: A NUTRICIÓN 
*1.- Repasamos o tema que xa esta explicado. Á volta, logo de correxir as actividades pendentes (páxinas 56 e 57) marcaremos un Exame que contará para a 3ª Avaliación
Ao final da entrada incorporarei a Autocorrección das 6 Fichas que tendes pegadas nas vosas libretas. Fixádeos ben, non deixedes ningun dato mal correxido e repasade a información.

*2.-Para que vos axude no repaso do tema incorporo un enlace para interactuar con actividades dixitais e afianzar os contidos: pincha enriba da palabra Nutrición: 
-Identifica as partes do aparato respiratorio
-Identifica as partes do corazón
-Completa as frases I
-Completa as frases II
-Organización da información
-Test  de Avaliación da Unidade
E, se queres facelo voluntariamente:
- Como construir un modelo de pulmón

*3.- INVESTIGACIÓN CORONAVIRUS (que afecta ao  aparato respiratorio), seguindo este modelo:

-TÍTULO: "O CORONAVIRUS"
-QUE É:
- CALES SON AS SÚAS CARACTERÍSTICAS:
- DEBUXÁMOLO:
 -COMO SE TRANSMITE:
-CALES SON OS SEUS SÍNTOMAS:
-CAL É O PAÍS DO MUNDO ONDE APARECEU:
-CITA PAÍSES AFECTADOS:
-INCIDENCIA EN ESPAÑA (contaxiados e mortos):
-INCIDENCIA EN GALICIA (contaxiados e mortos):
-CITA MEDIDAS LEVADAS A CABO PARA LOITAR CONTRA EL:
  Debemos facer o Traballo nunha folla da libreta, onde non haxa outras actividades. Coida a presentación, faino a bolígrafo e co debuxo pintado. Contará para a 3ª Avaliación.
 
* 4.- TRABALLO DE INVESTIGACIÓN que contará para a 3ª Avaliación. 
 Na libreta, nunha folla aparte, a bolígrafo, escribe un resumo en forma de cadro sinóptico, como os feitos na clase, onde indiques o nome da enfermidade, a que aparato afecta, cales son os seus síntomas, como se pode curar... da información que atopates sobre unha destas enfermidades. Tes entre 21 distintas para escoller:

Bueno, tendes dúas semanas para facer estas actividades. Creo que son interesantes e vos axudarán a mellorar as vosas competencias: Búsqueda de información, selección do máis importante, presentación de forma ordenada e clara, sen tachóns ou borróns, con boa letra e sen faltas de ortografía.
SEGUIDE O HORARIO DE CLASE.
A TRABALLAR CON GANAS!

No hay comentarios:

Publicar un comentario