14 mayo 2018

3- 5º lecturas en voz alta

Título de la materia:

Lingua

Nivel: Primaria 5 Opción: C
Nombre: Grupo:
Evaluación: N.º:
Calificación: Fecha:

Ejercicio nº 1.-

Le o texto e contesta as preguntas:

Xela é a profesora máis boa do mundo! Deunos clase o ano pasado e todos quedamos supercontentos ao saber que tamén nos ía dar este curso.
Pero Xela volveu das vacacións moi cambiada...

Seguía a ter a voz doce coma un abrazo, mais xa non soaba igual ca os píos dos xílgaros ou os foguetes das festas.

Os seus cabelos eran aínda moi negros, mais agora traíaos sempre recollidos coma unha avoa maior.

As súas mans continuaban a ser delgadas, pero xa non parecían as mans dunha princesa dos contos: non danzaban no aire mentres nos cantaba ou nos relata fermosas historias.

Os seus ollos aínda eran escuros e brillantes coma boliñas de chocolate e os seus beizos mantíñanse rosados coma un xeado de amorodo..., mais xa nunca lle entraban ganas de rir!

O que lle pasaba á profesora Xela era un misterio.

6Agora xamais pon aquela saia branca de bolboretas azuis.

6Este ano aínda non nos trouxo caramelos de mel.

6Xa non xoga con nós no recreo!

Fina Casalderrey: Xela volveuse vampira, Baía Edicións.

a) Por que estaban tan contentos os nenos cando comezou o curso?
b) Como leva Xela agora o cabelo?
c) Agora Xela está contenta?
d) Como era a saia que antes se poñía Xela?
e) Que cousas xa non fai Xela cos alumnos e as alumnas?


Solución:

a) Porque Xela ía ser de novo a súa profesora.
b) Recollido, coma unha avoa maior.
c) Non, xa nunca lle entran ganas de rir.
d) Branca, de bolboretas azuis.
e) Xa non xoga con eles no recreo.

Principales competencias trabajadas: Comunicación lingüística, aprender a aprender.




Ejercicio nº 2.-

Le o texto e contesta as preguntas:

Non hai follas verdes
nin perlas no mar,
area nas praias
nin ondas de sal.

Xa non funga o vento
nin voa o pardal.
As flores non medran
nin quenta o verán.

Que ocorre na terra?
Que ocorre, rapaz?
Se son pesadelos,
eu quero espertar.

As árbores perden
as pólas sen máis
e nos amenceres
o sol non está.

Que ocorre na terra?
Que ocorre, rapaz?
Se son pesadelos,
eu quero espertar.

A. García Teijeiro: Paseniño, paseniño, Everest.

a) Rodea nesta listaxe as cousas que xa non hai:

amorodos follas verdes sol neve verán lúa mazás pólas

b) Por que cre o autor que se trata dun pesadelo?

c) Que estación do ano se cita no poema?

d) Ti que cres que ocorre na terra?


Solución:

a) Follas verdes, sol, verán, pólas.
b) Porque todo o que desapareceu era positivo e bonito.
c) O verán.
d) Resposta aberta. Suxestión: produciuse un cambio de estación. Do verán pasouse ao outono.

Principales competencias trabajadas: Comunicación lingüística, aprender a aprender.




Ejercicio nº 3.-

Le o texto e contesta as preguntas:

Inés non lle quitaba ollo á rúa desde a terraza mentres sacaba as malas herbas das plantas.

6Que tanto miras polo balcón? 6preguntoulle Roberto, que folleaba tranquilamente o xornal.

6A ver se os vexo pasar 6contestoulle Inés6. Aí van, que che parece?

6Que me vai parecer? Meu pai e Eleanora camiñan pola beirarrúa, onde está o raro?

6Míraos ben. Non te decatas de como levan os brazos?

6Van de ganchete.

6Iso. E non che parece raro que dous veciños vaian de ganchete? Penso que teu pai e Eleanora están namorados.

6Vaia descubrimento! Pois mira que non se lles nota nada, e iso que eu case non paro na casa! 6exclamou Roberto volvendo ao sofá e reanudando a lectura do xornal.

An Alfaya: A encontadora, Xerais (adapt.).

a) Onde está Inés?
b) Por que mira a rúa continuamente?
c) Que fai mentres Roberto?
d) Que quere dicir “ir de ganchete”?


Solución:

a) Na terraza.
b) Porque quere ver pasar ao pai de Roberto e a Eleanora.
c) Le o xornal.
d) Quere dicir que dúas persoan camiñan collidas dos brazos.

Principales competencias trabajadas: Comunicación lingüística, aprender a aprender.




Ejercicio nº 4.-

Le o texto e contesta as preguntas:

Cando estaba no coche, vin unha cousa que nunca vira. Vin... pasma!: un campo de gaivotas. Todas pousadas coma se fosen plantas chantadas na terra. Era imposible contalas. Eu cheguei ata máis de duascentas, pero xa me aburría. E había outras tantas, polo menos. Estaban todas quietas quietas, mirando cara ao mar, separadas coa mesma distancia. Parecían plantas. Que guai! Logo souben que iso o fan cando senten temporal. Veñen á terra. Que raro, non?, porque elas viven case sempre no mar. Daquela nós, que vivimos na terra, cando ventamos perigo teriamos que ir para o mar. Ha, ha! Nin tolo. Entón si que, en vez de pedirlle á avoa uns deportivos, tería que pedirlle unhas aletas e vinte flotadores, porque... non sei nadar!

Concha Blanco: Quero que veñan meus pais, Casals.

a) Cantas gaivotas viu o neno?
b) Que facían as gaivotas?
c) Por que parecían plantas?
d) Por que as gaivotas estaban na terra e non no mar?


Solución:

a) O neno contou máis de duascentas. Pero polo menos había o dobre, así que máis de catrocentas.
b) Estaban moi quietas mirando o mar.
c) Porque estaban quietas, nun campo, como chantadas na terra. Ademais estaban separadas coa mesma distancia.
d) Porque había temporal e querían estar seguras.

Principales competencias trabajadas: Comunicación lingüística, aprender a aprender.




Ejercicio nº 5.-

Le o poema e contesta as preguntas:

Vou pola beirarrúa
camiñando de peón,
bolen, bolen pola estrada
coches, buses e camións.

Eu miro aos dous lados
coa máxima atención,
cando quero atravesar
levo moita precaución.

a) Di que nomes dos que aparecen no poema corresponden ás seguintes definicións:

.............................................. : Camiño de asfalto por onde circulan os vehículos.
.............................................. : Parte lateral dunha vía pública por onde camiña a xente.
.............................................. : Persoa que vai a pé pola rúa.

b) Que fai o peón antes de atravesar a estrada?
c) Por que hai que ter precaución?


Solución:

a) Estrada, beirarrúa, peón.
b) Mira aos dous lados coa máxima atención.
c) Porque poden vir coches, buses ou camións.

Principales competencias trabajadas: Comunicación lingüística, aprender a aprender.




Ejercicio nº 6.-

Le o texto e contesta as preguntas:

Rabo de gaita! —acabo de falar en alto. Cousas que pasan. Cousas que pasan cando unha leva présa e cae polo carreiro abaixo. Que fala en alto. Iso e que se lle enzoufa o pantalón de lama e non hai tempo para ir á casa cambialo. Non vou chegar tarde á escola, meus pais xa non están na casa e non podo levar un xustificante logo. Hai que ir co cu enlamado, non queda outra. E iso que ando sempre con tino, que o carreiro baixo por el todos os días pero vístome de présa... Botarei toda a mañá dando explicacións e aturando o risiño dalgúns. O que sexa. Non hai tempo que perder, Alba seguro que xa está coma o vimbio, espero que non lle dese por bulir sen min.

María Reimóndez: O monstro das palabras, Xerais.

a) Por que a nena está tan nerviosa?
b) Por que non pode ir á casa a cambiarse?
c) É a primeira vez que a nena vai á escola por ese camiño?
d) Con quen quedou?


Solución:

a) Caeu polo carreiro e manchou de lama os pantalóns.
b) Porque os seus pais xa non están e chegaría tarde á escola.
c) Non, baixa por el todos os días.
d) Con Alba.

Principales competencias trabajadas: Comunicación lingüística, aprender a aprender.




Ejercicio nº 7.-

Le o texto e contesta as preguntas:

Unha vez un pescador de Cefalú, ao recoller a rede a bordo do barco, sentiu que pesaba moitísimo, e quen sabe o que esperaba encontrar nela. Mais o que encontrou foi un peixe pequerrecho do tamaño dun maimiño; agarrouno con rabia e xa estaba para botalo de volta ao mar cando oíu unha vociña débil que dicía:

Ai, non me apertes tan forte.

O pescador mirou arredor e non viu ninguén, nin preto nin lonxe, e levantou o brazo para guindar o peixe, pero entón sentiu de novo a vociña:

Non me botes, non me botes!

Naquel momento decatouse de que a voz viña do peixe; lañouno* e atopou dentro un neno moi pequeniño, pero ben feito, cos pés, as mans, a cara, todo no seu sitio, só que nas costas tiña un par de aletas, coma os peixes.

E ti quen es?

Son un neno de mar. estaba para botalo de volta ao a voz viña do peixe; lañouno e atopu dentro un neno pequeniño xa estaba para botalo de volta ao

Gianni Rodari: “O pescador de Cefalú”, en Contos por teléfono, Kalandraka.

lañouno: abriuno.

a) Por que o pescador esperaba atopar algo moi grande na rede?
b) Que había na rede?
c) Por que non o tirou de volta ao mar?
d) Que tiña de especial o que atopou?


Solución:

a) Porque pesaba moitísimo.
b) Un peixe moi pequeno.
c) Porque o peixe lle falou.
d) Era un neno pequeniño que estaba dentro do peixe e que en vez de costas tiña aletas.

Principales competencias trabajadas: Comunicación lingüística, aprender a aprender.




Ejercicio nº 8.-

Le o texto e contesta as preguntas:

Así de ruín era o demo Palmiro. E aínda o seguiría sendo hoxe se non fose pola ocorrencia que tivo un xastre que facía roupas de festa.

Sucedeu que estaba o xastre que vos digo traballando no seu taller, cando entrou o demo Palmiro, buscando, como sempre, algo para presumir. Nada máis entrar, dixo:

Ola xastre. Que me dás?

O xastre, que coñecía moi ben ao demo, e sabía o que lle podía pasar se non lle regalaba algo, contestou:

Hoxe non teño nada para ti, Palmiro, pero se vés mañá, prométoche facer o regalo máis bonito que nunca tiveches.

O demo presumido dixo, entón:

Está ben. Por hoxe fío de ti, pero como volva mañá e non sexa certo o que dis, xa te podes preparar.

E marchou para a casa moi contento, pensando no regalo do xastre.

Xesús Pisón: O demo presumido, Galaxia.

a) En que se nota que o demo era presumido?
b) A quen visitou no taller?
c) Que cres que lle vai dar o xastre ao día seguinte?


Solución:

a) En que quere que lle regalen sempre roupa nova.
b) Ao xastre.
c) Resposta aberta.

Principales competencias trabajadas: Comunicación lingüística, aprender a aprender.




Ejercicio nº 9.-

Fíxate na forma destes globos de cómic e enche cada un co texto máis apropiado:

Ola, chámome María.
Xa non podo máis!!!!
Zzzzzzzzz….



Solución:

Globo 1: Zzzzzzzzz….
Globo 2: Ola, chámome María.
Globo 3: Xa non podo máis!!!!

Principales competencias trabajadas: Comunicación lingüística, aprender a aprender.




Ejercicio nº 10.-

Le o texto e contesta as preguntas:

Galicia conta con máis de 30 000 núcleos de poboación. A dispersión destes núcleos cambia dunhas zonas a outras: desde as pequenas aldeas que poden atoparse en comarcas como a Terra Chá luguesa, ata as grandes aldeas ourensás.

As familias de aldea manteñen unha intensa colaboración en actividades económicas e sociais. Así, en Galicia é característica a existencia de montes de veciños que, como o seu nome indica, son propiedade de todos.

As aldeas agrúpanse en parroquias, que constitúen unha comunidade máis ampla, pero con personalidade propia: teñen uns límites xeográficos diferenciados, levan o nome dun santo (San Pedro de Buriz, Santa Mariña da Ponte…), celebran o seu patrón…

a) Que tipo de texto é:
Narrativo Expositivo Teatral Dialogado
b) Que rasgo caracteriza a este tipo de textos? Escolle só un:
sempre hai unha introdución, un nó e un desenlace.
a información exponse de maneira clara, ordenada e rigorosa.
hai un narrador e uns personaxes.
c) Que título lle poñerías ao texto que acabas de ler?
d) Segundo o texto, todas as aldeas son do mesmo tamaño?
e) Que son as parroquias?


Solución:

a) Expositivo.
b) A información exponse de maneira clara, ordenada e rigorosa.
c) Resposta aberta. Suxestión: A aldea galega.
d) Non, depende da zona: por exemplo na Terra Chá luguesa son moi pequenas e en Ourense máis grandes.
e) As parroquias son agrupacións de aldeas.

Principales competencias trabajadas: Comunicación lingüística, aprender a aprender.




Ejercicio nº 11.-

Le o texto e contesta as preguntas:

Xa o dixen pero vouno volver dicir; chámome Álex.

Dixen isto para centarme, porque ás veces cústame ter claro que é o que quero contar. A miña profesora de Lingua di que cando queiramos ordenar as ideas debemos utilizar unha linguaxe esquemática, directa e clara.

É curioso, pero funciona.

Non sei ben o motivo, pero o caso é que as ideas tenden a desordenarse moitísimo na cabeza, e falando así ordénanseche.

O problema é cando nin sequera tes ideas na cabeza. Iso foi o que me pasou a min no último exame de Lingua, que por máis que tentaba ser esquemático, directo e claro, non se me ocorría nada que dicir, porque non recordaba nada do que deramos na clase nin do que viña no libro, no suposto de que este ano teñamos libro de Lingua que, se che digo a verdade, agora xa non che estou moi seguro.

Rodrigo Muñoz Avia: Os perfectos, Rodeira.

a) Que linguaxe lles recomenda usar a profesora de Lingua?
b) Para que serve ese tipo de linguaxe?
c) Que problema tivo Álex no exame de Lingua?


Solución:

a) Esquemática, directa e clara.
b) Para ordenar as ideas.
c) Que non recordaba nada do que estudara na clase nin nada do que viña no libro.

Principales competencias trabajadas: Comunicación lingüística, aprender a aprender.




Ejercicio nº 12.-

Le o texto e contesta as preguntas:

De todas as bruxas que eu cheguei a coñecer, esta é, con moito, a máis bruxa de todas. Xa saberás por que. É unha bruxa auténtica, coma as de sempre, unha bruxa de regulamento. Vive nunha pequena casoupa, preto dunha cidade chamada… Bo, agora non me acordo como se chama, pero pouco importa iso. A súa casa está no medio dunha fraga mesta e tebrosa, por onde dá medo pasar; pero ela non ten medo ningún a vivir alí, que por algo é unha bruxa, e as bruxas non teñen medo a case nada.

Fíxate se é bruxa bruxa que ademáis de ter todas as cousas que unha bruxa ten que ter para ser bruxa, chámase Catuxa. Ser é unha meiga seria e cumpridora, aínda que tamén moi despistada e esquecediza. Tan despistada é, e ten tan mala memoria, que moitísimas veces nin sequera se lembra do seu nome, e iso que é ben doado de recordar. Pero o peor non é iso, o peor é que é un pouco cutre.

Antón Cortizas: A bruxa sen curuxa, Ediciones SM.

a) Busca no texto un sinónimo de “bruxa”.
b) Fíxate no segundo parágrafo e subliña todos os adxectivos que a describen.
c) Que é o que lle ocorre ao ser tan despistada?


Solución:

a) Meiga.
b) Fíxate se é bruxa bruxa que ademáis de ter todas as cousas que unha bruxa ten que ter para ser bruxa, chámase Catuxa. Ser é unha meiga seria e cumpridora, aínda que tamén moi despistada e esquecediza. Tan despistada é, e ten tan mala memoria, que moitísimas veces nin sequera se lembra do seu nome, e iso que é ben doado de recordar. Pero o pero non é iso, o peor é que é un pouco cutre.
c) Que ás veces esquece ata o seu nome.

Principales competencias trabajadas: Comunicación lingüística, aprender a aprender.




No hay comentarios:

Publicar un comentario