Título de la materia: | Lingua |
||
Nivel: | Primaria 5 | Opción: | E |
Nombre: | Grupo: | ||
Evaluación: | N.º: | ||
Calificación: | Fecha: |
Ejercicio nº 1.-
Le o texto e contesta as preguntas:
Hai nomes de rúas ben curiosos. Hai rúas que se chaman coma persoas, rúas que se chaman coma países, rúas que levan nomes doutras épocas..., mesmo hai rúas que levan nomes de cousas normais, cousas de todos os días: rúa do Leite, rúa do Queixo, rúa do Pan.
Ana vivía nunha desas rúas normais, na rúa da Pataca; por ela baixaba cada día ao colexio e por ela subía de volta á casa. Atopábase cada mañá coa mesma xente: as nais e os pais que corrían apurados para deixar os seus fillos ou fillas no colexio; os nenos e as nenas que corrían detrás das nais e dos pais; a señora Rosa, que camiñaba amodiño para ir facendo a compra; don Pedro e don Pablo, sentados no banco do parque mentres non chegaba o frío do inverno, para ver a vida pasar. Aquela vila non era moi grande e todo o mundo se saudaba, por educación, por costume e porque case non había persoas descoñecidas.
Paula Carballeira: Voces no sumidoiro, Anaya.
1) A protagonista deste conto chámase _________________ e vive na rúa ____________ __________ .
2) A quen ve Ana cando vai cada día ao colexio? Rodea as opción correctas:
a) Á señora Remedios na tenda de lambetadas.
b) Á señora Rosa, que vai á compra.
c) A dous vellos tomando o sol nun banco.
d) Aos pais e nais que levan os nenos ao cole.
e) Ao panadeiro do barrio.
3) Ana sempre ve a mesma xente ou cada vez hai xente nova?
4) Por que toda a xente se coñecía na súa vila?
1) A protagonista deste conto chámase Ana e vive na rúa da Pataca.
2) b, c, d.
3) Sempre ve a mesma xente.
4) Porque non era moi grande e case non había xente descoñecida.
Principales competencias trabajadas: Comunicación lingüística, aprender a aprender.
Le o texto e contesta as preguntas:
Galicia docemente
está ollando o mar:
ten vales e montañas
e terras que labrar!
Ten portos, mariñeiros,
cidades e labregos
cargados de traballos,
cargados de trafegos!
Galicia é unha nai
velliña, soñadora:
na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!
Galicia é o que vemos:
a terra, o mar, o vento...
mais hai outra Galicia
que vai no sentimento!
Galicia somos nós:
a xente e mais a fala.
Se buscas a Galicia,
en ti tes que atopala!
Manuel María: Os soños na gaiola, Xerais.
trafego: traballo moi cansado.
a) Subliña todas as cousas que, segundo o poema, ten Galicia.
b) Engade ti tres cousas máis a esa listaxe.
c) Por que di o poeta que Galicia está “ollando o mar”?
d) Cal é o instrumento musical típico de Galicia?
a) Vales e montañas, terras que labrar, portos, mariñeiros, cidades e labregos.
b) Resposta aberta.
c) Porque está case rodeada de mar por todas partes. O mar ten moita importancia.
d) A gaita.
Principales competencias trabajadas: Comunicación lingüística, aprender a aprender.
Le o texto e contesta as preguntas:
Chegou a primavera, e con ela apareceu no lugar unha muller vella e extravagante. Levaba sempre un misterioso saco luminoso e os nenos metíanse con ela:
6Vella, vella louca!, que levas nese saco branco?
6Tola! Por que pintas o pelo de cores?
A todos os insultos, a velliña respondía cun sorriso limpo.
Cada tarde de maio, a muller camiñaba cara ás leiras de Sobredorrío e entraba nunha casoupa abandonada, rodeada por un gran valado. Pronto deixaron de facerlle burla e empezaron a sentir unha mestura de medo e fascinación. As persoas maiores dicían:
6Mira que se non comes chamo á vella do saco branco.
Fina Casalderrey: “Un saco de estrelas”, en Un saquiño de contos, Xerais.
a) En que estación do ano apareceu a vella?
b) Por que a xente se burlaba dela?
c) Que facía a vella cando se metían con ela?
d) Cando pasou o tempo, que comezou a sentir a xente?
a) Na primavera.
b) Porque tiña o pelo de cores e levaba un saco luminoso.
c) Respondía cun sorriso limpo.
d) Unha mestura de medo e fascinación.
Principales competencias trabajadas: Comunicación lingüística, aprender a aprender.
Le o texto e contesta as preguntas:
Cando me chaman Poti é coma se me chamasen gordo en grao superlativo, que é algo moi gordo moi gordo moi gordo. Porque a mestra cando non facemos o traballo tamén nos di sodes uns folgazáns en grao superlativo.
Damián díxome que me chamaban Poti polos potiños da farmacia. Os potiños son uns botes de cristal cheos de comida para os nenos pequenos. Para os bebés. A comida está toda moída coma se fosen papas. Disque en cada potiño pode haber un polo enteiro, ou unha pescada, ou un linguado ben grande. Por iso os bebés están tan gordos. Tan gordos que non son capaces de camiñar, nin sequera de se aguantar de pé.
Concha Blanco: Quero que veñan meus pais, Casals.
a) Por que os outros nenos o chaman Poti?
b) Por que ás veces a profesora os chama folgazáns?
c) Que son os potiños?
d) Por que cre o neno que os bebés están tan gordos?
a) Porque está moi gordo.
b) Chámaos folgazáns en grao superlativo cando non fan o traballo.
c) Son uns botes de cristal con comida para bebés.
d) Porque cre que dentro de cada bote de potiño pode haber un polo enteiro moído, ou unha pescada, ou un linguado.
Principales competencias trabajadas: Comunicación lingüística, aprender a aprender.
Le o poema e contesta as preguntas:
A neniña está cosendo
un fermoso manteliño.
Dá puntadas e puntadas
nun branco anaco de liño!
A neniña está cosendo,
a neniña está bordando:
en cada puntada súa
un soño vai apreixando!
A boneca é unha espiga
de maíz, con pelo loiro.
A boneca hai que vestila
que non pode andar en coiro!
A neniña é moi probiña*.
Cose, cose no ourelo,
á boneca hai que poñerlle
o seu fermoso mantelo...!
A boneca é moi fermosa,
máis fermosa non a hai!
A boneca fai de filla
e a neniña fai de nai...!
Manuel María: Os soños na gaiola, Xerais.
*Debería dicir pobriña.
a) Busca no poema un sinónimo de cosendo.
b) Para quen está facendo o mantelo?
c) A que xogan as dúas?
a) Bordando.
b) Para a súa boneca.
c) A nais e fillas. A boneca fai de filla e a filla de nai.
Principales competencias trabajadas: Comunicación lingüística, aprender a aprender.
Le o texto e contesta as preguntas:
Laura deixou correr o fío entre os dedos, vencendo a forza do vento, tal como seu pai lle ensinara a tarde anterior.
Ao principio custoulle un pouco manter o papaventos no aire máis de dous segundos seguidos, pero deste último intento, semellaba que acababa de conseguir elevalo con xeito e poñelo a voar.
A Laura naceulle un sorriso na cara. Estaba feliz de que, por fin, o seu barco pirata (pois esa era a forma que tiña o seu papaventos) puidese navegar polo ceo.
En lugar de ondas mariñas, tería nubes de algodón, e no canto de corsarios con parches nos ollos e espadas na man, loitaría contra os pardais e as gaivotas, ou incluso con algunha garza.
María Canosa Blanco: O papaventos de Laura, Deputación Provincial de Ourense.
a) Quen lle ensinou a Laura a manexar o papaventos?
b) Por que a nena se puxo tan contenta?
c) Que forma tiña o papaventos?
a) O seu pai.
b) Porque por fin foi capaz de facelo voar.
c) Era un barco pirata.
Principales competencias trabajadas: Comunicación lingüística, aprender a aprender.
Le o texto e contesta as preguntas:
Era de día, un día calquera de verán. Na lagoa, no medio da fraga unha camada de ratos de campo pasaba o primeiro día da súa vida asombrados por todo e divertidos.
No mar, as ostras afanábanse por fabricar as perlas máis fermosas.
No galiñeiro, as galiñas comían millo, e herbas, e vermes, e todo. Despreocupadas.
Os vagalumes durmían arrimados nos foxos da estrada.
Os lagartos quecían ó sol. Contentos.
E os nenos durmían a sesta... moi aburridos.
Chegou a tarde e o sol poñíase. No ceo apareceu a lúa redonda.
Na fraga, o primeiro rato que a viu chamou a outro, e pronto, toda a colonia de ratos miraba para o ceo con aglaio*. “Que é?”, dixo un. “É un queixo”, dixo outro. “Un rico queixo redondo e manteigoso”. Todos se relamberon. Trataron de collelo subindo uns enriba dos outros. Pero, ca!, non conseguiron nada.
Elvira Pérez: A contar ovellas, Xerais.
aglaio: abraio.
a) Escribe o nome de todos os animais e os insectos que aparecen no texto. (Fai dous grupos: animais e insectos).
b) Onde ten lugar esta historia?
c) Que pensaron que era a lúa?
a) Animais: ratos, ostras*, galiñas, lagartos. Insectos: vagalumes e vermes.
b) Na lagoa, no medio da fraga.
c) Un queixo redondo e manteigoso.
Principales competencias trabajadas: Comunicación lingüística, aprender a aprender.
Le o texto e contesta as preguntas:
Ash chegou un día á nosa escola. Ollábao todo coa mesma estrañeza e curiosidade con que nós o ollabamos a el. Queriamos escoitar a súa voz.
―Como te chamas? ―preguntábanlle os máis pequenos.
Explicáranos o profesor que viña dun país africano que se chamaba Senegal e que había pouco tempo que chegara.
―Que tal o primeiro día de curso? ―preguntoume papá cando volvín á casa.
―Teño un compañeiro novo, é de Senegal.
Oli: “O meu amigo Ash”. En VV. AA.: Contos sen fronteiras, Xunta de Galicia.
a) Quen é Ash?
b) De que país vén? En que continente está ese país?
c) Por que cres que miraba todo con estrañeza e curiosidade?
a) É un neno novo que chegou á escola.
b) De Senegal. En África.
c) Porque acababa de chegar e viña dun país moi diferente.
Principales competencias trabajadas: Comunicación lingüística, aprender a aprender, competencias cívicas e sociais.
Fíxate na forma destes globos de cómic e enche cada un co texto máis apropiado:
Estou farto de perder!!!!
Zzzzzzzzz….
Non entendo este exercicio.
Globo 1: Zzzzzzzzz….
Globo 2: Non entendo este exercicio.
Globo 3: Estou farto de perder!!!
Principales competencias trabajadas: Comunicación lingüística, aprender a aprender.
Le o texto e contesta as preguntas:
“As Médulas”
A escasos quilómetros ao sur de Ponferrada, a través do val da Valdueza, éntrase no val do Silencio, unha paraxe con bosques de castiñeiros e carballos á que desde os primeiros tempos medievais se retiraron gran cantidade de ermitáns e na que foron xurdindo diversos mosteiros e igrexas.
Máis adiante chégase a Carrucedo, famoso pola súa lagoa e polas numerosas lendas, pero tamén porque, neste lugar, os romanos extraían ouro mediante un singular procedemento: escavaban galerías na montaña e, logo, facían correr auga polo seu interior para derrubalas e liberar o mineral. O resultado de semellante técnica é a impresionante paisaxe de relevos avermellados que se contempla nas Médulas.
As Médulas foron declaradas Monumento Nacional en 1931, e Patrimonio da Humanidade en 1997.
a) Que tipo de texto é:
Narrativo Expositivo Teatral Dialogado
b) Que rasgo caracteriza a este tipo de textos? Escolle só un:
− sempre hai unha introdución, un nó e un desenlace.
− a información exponse de maneira clara, ordenada e rigorosa.
− hai un narrador e uns personaxes.
c) Que árbores hai nos bosques do Val do Silencio?
d) De que cor son as Médulas?
a) Expositivo.
b) A información exponse de maneira clara, ordenada e rigorosa.
c) Castiñeiros e carballos.
d) Son avermelladas.
Principales competencias trabajadas: Comunicación lingüística, aprender a aprender.
Le o texto e contesta as preguntas:
Ás veces, aos rapaces dos outros equipos fáiselles raro ter que xogar contra unha nena pero, cando ven como defendo, como corro e como lle pego ao balón, cámbialles a cara. O día que os colexios da miña zona, incluído o meu, teñan equipos femininos de fútbol, hei xogar coas rapazas, pero non sei se chegará ese día.
Ademais do fútbol, tamén me gusta o baloncesto, o tenis e o atletismo. Nunca, na historia do meu colexio, unha nena de primaria conseguira correr os mil metros lisos en menos de catro minutos. Eu si. Fíxeno en tres minutos e cincuenta segundos.
Sempre que vou pola rúa xogo a saltar as baldosas de tres en tres, e mesmo de catro en catro, e imaxino que bato a marca mundial de salto de lonxitude. Ás veces dáme por facelo á pata coxa ou cos dous pés xuntos. Tamén me gusta moito guindar a pelota ao aire ao mesmo tempo que salto e collela antes de que toque no chan.
Se non a collo, a miña nai ponse moi nerviosa, pois pensa que a pelota vai chegar á rúa, e dime que pare xa.
Rodrigo Muñoz Avia: Meu irmán o xenio, Rodeira.
a) Por que cres que aos rapaces dos outros equipos se lles fai raro xogar cunha nena?
b) Por que despois os nenos cambian de opinión?
c) Que outros deportes lle gustan?
d) Por que foi tan importante o que fixo en atletismo no colexio?
a) Porque normalmente neses equipos só hai nenos.
b) Porque comproban que sabe xogar moi ben.
c) O baloncesto, o tenis e o atletismo.
d) Porque nunca unha nena de primaria conseguira correr os mil metros lisos en menos de catro minutos.
Principales competencias trabajadas: Comunicación lingüística, aprender a aprender.
Le o texto e contesta as preguntas:
O que máis lle gustaba a Camilo era comer un anaco de queixo mentres vía caer o sol tras a serra. “Parece un caramelo de laranxa”, pensaba.
Camilo non era rico. Tiña dez anos, un avó, seis galiñas, unha cabra un pouco tola, a camisa branca das festas, unha casa de pedra e dous ollos verdes con faíscas amarelas. Pero el sentíase tremendamente feliz. Bebía leite acabado de muxir, comía os ovos máis frescos e o queixo máis saboroso, e podía escoitar do seu avó todos os contos e refráns do pobo.
O avó de Camilo era oleiro e, aínda que xa había bidóns de plástico, el seguía a facer cántaros coas mans, torneando o barro cos seus dedos.
Unha tarde, Camilo viu como o seu avó despedía unha visita:
―Quen veu, avó?
―Era o mestre ―dixo coa súa voz grave―. Di que es moi bo estudante, que podes facer estudos superiores. Prepárate para ser algo importante.
Pilar Molina Llorente: “Camilo Andoriña”. En VV.AA.: Compañeiros de soños, Bruño.
a) Por que se sentía feliz Camilo?
b) Cal era a profesión do seu avó? En que consiste?
c) Que é o que lle foi dicir o mestre ao avó?
a) Porque bebía leite acabado de muxir, comía os ovos máis frescos e o queixo máis saboroso, e podía escoitar do seu avó todos os contos e refráns do pobo.
b) O seu avó era oleiro, facía cántaros coas mans, torneando o barro cos seus dedos.
c) Que era moi bo estudante e que podía facer estudos superiores.
Principales competencias trabajadas: Comunicación lingüística, aprender a aprender.
No hay comentarios:
Publicar un comentario