14 mayo 2018

1ºpara 5º Lecturas en voz alta, unha para cada dia

Título de la materia:

Lingua

Nivel: Primaria 5 Opción: A
Nombre: Grupo:
Evaluación: N.º:
Calificación: Fecha:

Ejercicio nº 1.-

Le o texto e contesta as preguntas:

Hoxe batín cunha pedra na area. Xa sei que non ten nada de raro atopar unha pedra na praia, pero é que esta é especial. Non se parece ás outras que podes atopar na beiramar, tan brancas e pulidas pola auga. Ten unha forma irregular, con entrantes como cráteres, coma se fose un planeta en miniatura.

Téñoa agora mesmo aquí, enriba da mesa, mentres escribo neste caderno que me serve de diario. Hase rir meu irmán cando a vexa, seguro. Carlos sempre se ri de min e da miña colección. “Ti estás guillada, nena”, di cando entra no meu cuarto e ve todas esas cousas raras no andel.

Ao mellor estou guillada, pero creo que non ten nada de malo coleccionar as cousas que atopo nos meus paseos pola beiramar. Gústame imaxinar que o mar as trouxo desde algún país de lonxe ou que son restos de barcos que naufragaron por mares exóticos. “Moitas novelas les ti, nena”, di meu irmán.

Agustín Fernández Paz: Rapazas, Xerais.

a) Por que lle gustou a pedra que atopou?
b) Onde está escribindo a nena esta historia?
c) Como se chama o seu irmán?
d) Por que se ri sempre dela?
e) Por que cres que o seu irmán lle di “Moitas novelas les ti, nena”?


Solución:

a) Non é como as outras pedras; ten unha forma irregular, con entrantes como cráteres.
b) Nun caderno que usa como diario.
c) Carlos.
d) Porque cre que está tola por coleccionar pedras.
e) Porque ten moita imaxinación.

Principales competencias trabajadas: Comunicación lingüística, aprender a aprender.




Ejercicio nº 2.-

Le o texto e contesta as preguntas:

Chove no lombo das tellas
con teimoso repenico.
Pobre do que non ten casa
e rola sen agarimo.

Ceo revolto, monte escuro,
silencio de paxariños;
un rapaz volve do agro
enchoupado coma un pito.

Na xanela, sobre un tallo,
co nariz pegado aos vidros,
eu vexo chover e penso
nos que non teñen abrigo.

Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas: Cantarolas, Xerais.

a) Que día fai?
b) Por que lle dá pena a xente que non ten abrigo?
c) Por que vén enchoupado o rapaz?
d) Onde está o autor do poema?


Solución:

a) Fai mal tempo: chove moito e o ceo está revolto.
b) Porque cando vai mal tempo móllanse e pasan frío.
c) Porque vén de traballar no campo e está chovendo.
d) Dentro da casa, co nariz pegado á ventá.

Principales competencias trabajadas: Comunicación lingüística, aprender a aprender.




Ejercicio nº 3.-

Le o texto e contesta as preguntas:

Na Terra de Soneira vivía un trasno moi durmichón. Cubría a súa cabeza cun pucho de flor de toxo e, cando o perseguía un león ou calquera outra fera, podía volverse invisible. O seu nome nos papeis era Pepe Sisto Arou, pero todos o coñecían por Sonsonetiño.

Pepe dicía que aprendera a ler había moitos anos en Soneto, o país onde ían á escola os trasnos. Alí todas as páxinas dos libros tiñan catorce carreiros, nin máis, nin menos. Por iso el sempre escribía en catorce.

Ademais de brincar de aldea en aldea, o trasno pasaba os días espetando contos polas rúas. O domingo cambiaba de ocupación; navegaba en gamela ata fartarse pola ría e, despois, regresaba á Pasarela.

Xoán Babarro: “Sonsonetiño”, en Para contar e cantar, Xunta de Galicia (adapt.).

a) Que quere dicir pucho? Escolle a palabra axeitada:

pano bufanda gorro diadema careta

b) Que calidade máxica tiña o trasno? Cando a utilizaba?
c) Onde aprendera a ler?
d) A que se dedicaba o trasno?
e) Que facía os domingos?


Solución:

a) Gorro.
b) Podía volverse invisible cando o perseguían.
c) En Soneto, o país onde ían á escola os trasnos.
d) A brincar de aldea en aldea contando contos.
e) Os domingos navegaba pola ría.

Principales competencias trabajadas: Comunicación lingüística, aprender a aprender.




Ejercicio nº 4.-

Le o texto e contesta as preguntas:

Eu son Balbino, un rapaz de aldea. Son como quen di un ninguén. E ademais, pobre. Porque da aldea tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa, a pesar do que lle aconteceu por causa miña.

No verán ando descalzo. Érgome con noite pecha para ir co gando. Cando amañece xa me doe o lombo e as pernas.

Eu quixera andar mundo. Quixera ir por mares e terras que non coñezo. Nacín e crieime na aldea, pero agora síntoa pequena, estreita.

Xosé Neira Vilas: Memorias dun neno labrego, Eds. do Castro (adapt.).

a) Onde vive Balbino?
b) Que quere dicir “ser un ninguén”?
c) Balbino levántase moi cedo ou moi tarde?
d) Por que lle doe o lombo e as pernas?
e) Que é o que lle gustaría facer a Balbino?


Solución:

a) Nunha aldea.
b) Non ser importante, ser unha persoa que pasa desapercibida, unha persoa calquera.
c) Levántase moi cedo, antes de que amenza.
d) Porque traballa moito e ten que levar o gando ao monte.
e) Marchar da aldea e recorrer o mundo.

Principales competencias trabajadas: Comunicación lingüística, aprender a aprender.




Ejercicio nº 5.-

Le o poema e contesta as preguntas:

Quédame preto
e vou andando,
ás veces triste
e outras cantando.

Se teño exames
e estudei moito,
aínda canso
síntome afouto*.

Mais cando as cousas
non van moi ben
camiño amodo
e arrastro os pés.

Hai profesores
algo pesados,
mais outras clases
pasan voando.

O tempo corre
máis no recreo
cando xogamos
nenas e nenos.

Marica Campo: Abracadabras, Ediciós do Castro (adapt.).

Afouto: forte, valente.

a) De que lugar fala o poema?
b) O neno colle algún medio de transporte para ir?
c) Vai sempre triste?
d) O tempo do recreo pasa igual que o tempo da clase?


Solución:

a) Do colexio.
b) Non, vai camiñando.
c) Non, ás veces vai cantando.
d) Non, pasa moito máis rápido.

Principales competencias trabajadas: Comunicación lingüística, aprender a aprender.




Ejercicio nº 6.-

Le o texto e contesta as preguntas:

Cando Xoa naceu, houbo festa rachada. Ninguén acordaba outra igual no campeiro. Os seus habitantes bailaron e bailaron ata non poder máis, contentos coma carricantas. E é que había tempo que naquel lugar non viña ao mundo unha xoaniña.

Os veciños foron un por un darlle os parabéns á nai, que acoleiraba a Xoa con dozura. Todos coincidiron en que nunca unha xoaniña tan feita e tan garbosa adornara o campeiro, e iso celebrárono rillando nuns pulgóns moi sabedeiros escollidos para a ocasión.

Agora tes que comer moito dixéronlle á velairiña. Debes alimentarte ben para cando cheguen as mudas.

Antonio Yáñez: Xoa, Xerais.

a) Con que motivo se celebrou unha festa?
b) Por que era tan importante Xoa nese lugar?
c) Para que se achegaron os veciños xunto á nai?


Solución:

a) Polo nacemento de Xoa.
b) Porque había moitos anos que non nacía alí unha xoaniña.
c) Para felicitala polo nacemento.

Principales competencias trabajadas: Comunicación lingüística, aprender a aprender.




Ejercicio nº 7.-

Le o texto e contesta as preguntas:

Suso está sentado nun chanzo da escaleira do patio da escola. Está aburrido e amolado. O aburrimento é o de menos, pero leva moi mal estar amolado. Non lle gusta nada e ponse de moi mal xenio. Non é que el sexa un neno que se anoxe a miúdo, pero hoxe si. E o peor de todo é a razón pola que está de mal humor.

O que pasou foi que Suso tiña moitísima gana de xogar ao fútbol. Durante unha semana enteira non parou de chover e hoxe saíu un sol radiante. Se non estivésemos no medio do inverno, os lagartos gozarían quecendo os seus corpiños ao sol. Parece que a luz e a calor tamén lles agrada aos corpos das persoas, porque todo o mundo na escola está de mellor humor, menos o Suso.

aio unHai uns minutos todas as nenas e todos os nenos saíron ao patio contentísimos, Suso tamén. Sería óptimo que as profesoras e os profesores, levados tamén por esta paréntese gozosa entre a chuvia persistente, se esquecesen de mirar a hora e que o recreo durase o dobre ou, mellor, todo o que queda de mañá.

Silvestre Gómez Xurxo: Ti non xogas!, Xerais.

a) Onde está Suso?
b) Que dous adxectivos describen como se sente?
c) Os outros nenos séntense igual ca Suso?
d) Que cres ti que lle pasou para sentirse así?


Solución:

a) Está sentando nun chanzo da escaleira do patio da escola.
b) Aburrido e amolado.
c) Non, todos están de mellor humor, están contentísimos.
d) Resposta aberta.

Principales competencias trabajadas: Comunicación lingüística, aprender a aprender.




Ejercicio nº 8.-

Le o texto e contesta as preguntas:

Non podo durmir, Rita, dáme medo o barullo do vento.

Pois eu morro de sono. Veña, pecha os ollos!

Xa os teño pechados desde hai un bo cacho, pero non podo durmir. Parece que imos saír voando… 6Sara choromicaba, mentres espernexaba na cama.

Como imos saír voando? Só é vento do mar, que bate nas tellas. Non sabes como son os temporais fortes… Conta ovellas e non me deas patadas, Sara, que pareces unha mula dando couces.

Non quero contar ovellas e non son unha mula… E non podo durmir!

Pois conta cans, ou gatos, ou o que che pete; e, cando chegues a dez mil, falamos.

Sara ergueuse encabuxada e empezou a berrar:

Unha ovella, dúas ovellas, tres ovellas! Hahaha! Queres que siga ata dez mil?

Eva Mejuto: “O Cágado e o Lagarto”. En VV. AA.: Contos sen fronteiras, Xunta de Galicia.

a) Di o nome dos dous personaxes deste conto.
b) Por que non poden durmir?
c) Cres que funcionou a solución proposta de contar ovellas?


Solución:

a) Rita e Sara.
b) Polo ruído do vento do mar, que bate nas tellas da casa.
c) Non, porque Sara estaba enfadada e púxose a contar ovellas berrando.

Principales competencias trabajadas: Comunicación lingüística, aprender a aprender.




Ejercicio nº 9.-

Le atentamente e contesta as preguntas:


a) Cantas viñetas ten esta historia?
b) Para que vai Golfiño a esa casa?
c) Por que entra?


Solución:

a) Dez.
b) Vai a entregar unha pizza.
c) Porque o dono da casa o agarra da man e o leva dentro para que lles vaia quecendo o forno.

Principales competencias trabajadas: Comunicación lingüística, aprender a aprender.




Ejercicio nº 10.-

Le o texto e contesta as preguntas:

As plantas”

Grazas á luz solar, as follas e as partes verdes da planta transforman as substancias inorgánicas, coma o dióxido de carbono ou o nitróxeno, en materia orgánica, como azucre, amidón ou celulosa… Con estas substancias orgánicas aliméntanse e fabrican o seu propio corpo.

Hai máis de 250 000 especies de plantas, que viven en calquera sitio do planeta ao que chegue a luz do Sol. Non encontraremos plantas nin no fondo profundo dos mares nin en covas escuras, onde non chega a luz solar.

Algunhas plantas teñen flores e outras non. Por iso, podemos clasificalas en dous grupos:

Plantas con flores: margarida, romeo…

Plantas sen flores: fieito, brión…

a) Que tipo de texto é:
Narrativo Expositivo Teatral Dialogado
b) Que rasgo caracteriza a este tipo de textos? Escolle só un:
sempre hai unha introdución, un nó e un desenlace.
a información exponse de maneira clara, ordenada e rigorosa.
hai un narrador e uns personaxes.
c) Pode haber plantas en covas escuras? Por que?
d) Segundo o texto, como podemos clasificar as plantas?


Solución:

a) Expositivo.
b) A información exponse de maneira clara, ordenada e rigorosa.
c) Non, porque as plantas necesitan a luz do sol.
d) Podemos clasificalas en dous grupos: as que teñen flores e as que non teñen flores.

Principales competencias trabajadas: Comunicación lingüística, aprender a aprender.




Ejercicio nº 11.-

Le o texto e contesta as preguntas:

Erguerámonos cedo e estabamos xa agardando impacientes a chegada do coche que ata alí había de levarnos. Mariña era daquela unha nena de seis anos, simpática e rebuldeira, que sempre me facía rir coas súas ocorrencias. Eu xa tiña once, idade suficiente para decatarme de que aquela viaxe podía resultar unha experiencia interesante ou, polo contrario, un absoluto aburrimento. Por se acaso, collín un par de libros, a caixa de pinturas e o caderno por se se me ocorría facer algún debuxo.

Os avós chegaron axiña e, logo dunha longa despedida que miña nai aproveitou para recordarnos unha vez máis mil e unha normas de conduta, o coche arrancou e afastámonos rapidamente rumbo á que, esperabamos, sería unha apracible e ventureira fin de semana.

Durante a viaxe o avó foinos contando o marabilloso que era Pacios e o ben que alí o iamos pasar. Por suposto, non aforrou cualificativos para describir a fermosura do lugar no que el nacera e no que vivira os primeiros anos da súa xa longa vida.

Celia Díaz: Adeliña, Deputación Provincial de Ourense.

a) Por que levaba a nena libros, pinturas e un caderno?
b) Canto tempo van pasar cos avós?
c) A onde van?


Solución:

a) Por se a viaxe se facía moi aburrida.
b) Unha fin de semana.
c) A Pacios, o lugar no que nacera o seu avó.

Principales competencias trabajadas: Comunicación lingüística, aprender a aprender.




Ejercicio nº 12.-

Le o texto e contesta as preguntas:

Xía case non coñecía a súa avoa. Víraa só o día da súa comuñón, e para iso un pedaciño de nada. De contado a levaron novamente ó pobo, e en tan pouco tempo non puidera darse unha idea de como era. Ademais víraa recén peiteada e con abrigo de seda e veludo. Parecía moi distinta daquela vella contrafeita que saíra a recibilos e bicáraos refunfuñando mentres os saudara había unhas horas.

Nena, ven que che amostre o cuarto para gardar a roupa!

A voz ronca e cascada da avoa sacudiuna.

Boa me espera ―dixo Xía entre dentes poñendo un pouco de morros.
Entrou na casa. Todo estaba escuro e ulía a humidade. Despois dun anaquiño conseguiu ver a sala e ó fondo a cociña. A avoa agardábaa a carón dunha escaleira que arrincaba da sala.

Ven por aquí ― dixo a anciá con voz tremente.

Xía mirou cara arriba. Unha raioliña de sol fíxolle pensar na existencia dunha ventá. Máis acougada decidiu seguir a avoa.

Pero colle a maleta!

Xía non estaba acostumada a ocuparse da súa roupa nin moito menos a levar a maleta, mais non ía deixar que a subise a avoa.

Pilar Molina Llorente: O longo verán de Uxía Mestre, Anaya (adapt.).

a) Subliña no texto as expresións que che fan saber que a avoa de Xía é moi maior.
b) Como estaba a casa da avoa?
c) Por que cres que Xía di “Boa me espera”?


Solución:

a) Xía case non coñecía a súa avoa. Víraa só o día da súa comuñón, e para iso un pedaciño de nada. De contado a levaron novamente ó pobo, e en tan pouco tempo non puidera darse unha idea de como era. Ademais víraa recén peiteada e con abrigo de seda e veludo. Parecía moi distinta daquela vella contrafeita que saíra a recibilos e bicáraos refunfuñando mentres os saudara había unas horas.

Nena, ven que che amostre o cuarto para gardar a roupa!

A voz ronca e cascada da avoa sacudiuna.

Boa me espera ―dixo Xía entre dentes poñendo un pouco de morros.
Entrou na casa. Todo estaba escuro e ulía a humidade. Despois dun anaquiño conseguiu ver a sala e ó fondo a cociña. A avoa agardábaa a carón dunha escaleira que arrincaba da sala.

Ven por aquí — dixo a anciá con voz tremente.

Xía mirou cara arriba. Unha raioliña de sol fíxolle pensar na existencia dunha ventá. Máis acougada decidiu seguir a avoa.

Pero colle a maleta!

Xía non estaba acostumada a ocuparse da súa roupa nin moito menos a levar a maleta, mais non ía deixar que a subise a avoa.

b) Estaba escura e húmida.
c) Porque na casa da súa avoa ía ter que facer cousas que na súa casa non facía. Ademais, a súa avoa era moi maior.

Principales competencias trabajadas: Comunicación lingüística, aprender a aprender.




No hay comentarios:

Publicar un comentario