Bos días:
Como vades? Espero que sigamos todos ben e con ánimos para seguir traballando un pouco.
As actividades que vos propoño para hoxe e a fin de semana serán:
- Mates: Continuamos co repaso... páx 125 nº 18, 19, 20, 21, 22, 23 e 24.( non esquezades facer a proba da división no exercicio 19). Vou deixar un enlace para ver un vídeo explicativo dos MÚLTIPLOS e DIVISORES xa que penso que o podedes ter algo olvidado. VER VÍDEO
- Lingua Galega: Bueno, se recordades, no 2º trimestre estivemos traballando un Taller de Escritura.
Para seguir practicando neste sentido gustaríame facervos a seguinte proposta:
Tïtulo: Estou desexando poder saír de casa porque.../ para... (que me gustaría facer, a onde me gustaría ir, a quen quero ver....)
Lembrade estruturar o texto en varios parágrafos e empregar distintos nexos de unión.
Espero que vos divirta esta proposta e sempre podedes acompañar o texto cunha ilustración.
Moitos bicos e moitísimas apertas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario