14 abril 2020

PROPOSTAS 6º DO 14 A0 17 DE ABRIL (LENGUA)

Que tal queridos/as alumnos/as? Espero que vós e as vosas familias vaiades ben. Eu e a miña, polo de agora, con normalidade.
Remataron unhas vacacións de Semana Santa atípicas e volvo a poñerme en contacto convosco. Como temos instrucións de repasar contidos e traballar competencias é o que faremos. Creo que mañá, mércores 15, hai unha reunión de todos os Conselleiros/as de Educación coa Ministra para decidir sobre o 3º Trimestre. Mentres non nolo indiquen non podemos avanzar na materia. 
Ireivos indicando as tarefas por materias, algunhas dixitais. ATENTOS/AS:

LENGUA CASTELLANA 
* 1ª TAREFA: Seguiremos cos contidos dos temas 7 e 8. Toca repasalos, pero agora dixitalmente. Buscade na parte dereita da pantalla deste BLOG onde di RECURSOS EDUCATIVOS. Pinchade enriba de LENGUA DE 6º e logo enriba de Editorial Anaya  e repasade os apartados destes 2 temas facendo as actividades que se propoñen dixitalmente.

* 2ª TAREFA: Nese mesmo lado dereito da pantalla buscade onde pon PARA BUSCAR INFORMACIÓN e pinchade enriba onde pon Xornais de España e, logo, onde pon Xornais de Galicia. Escribide os TITULARES de todos os xornais ao longo desta semana, poñendo a data. Reparade, case todos ou todos farán referencia o Coronavirus.

*  TAREFA:3ª: Escribe un pequeno texto onde incorpores 7 preposicións e 3 conxuncións. Fíxate nos acentos.

Se estades a facer algunha tarefa especial nas vosas casas: unha manualidade, unha receita de cociña, lendo algún libro de lectura... podiades mandar unha foto á conta de correo alumnosabalar@gmail.com e así eu podía subir esas fotos a este Blog como están facendo os alumnos/as de 5º. ANIMÁDEVOS!

No hay comentarios:

Publicar un comentario