22 abril 2020

CORRECCIÓNS E TRABALLO MATEMÁTICAS 6º (DO 21 AO 26 ABRIL)

 OLA! 
QUE TAL ESTADES? 
Espero que ben, pero seguro que xa querendo volver a ver e xogar cos amigos, traballar na escola...
Logo do festivo do Cristo dos Navegantes, póñome en contacto para indicar tarefas para esta semana. Espero que estedes a traballar cada día. Pois ánimo, temos que seguir así durante un tempo máis. Déronnos instrucións para seguir repasando, traballando competencias, pero tamén para seguir avanzando cando os contidos sexan asequibles. Pois nós intentaremos facer todas estas cousas.

*1.- Estas son as solucións das últimas tarefas de Galego e de Matemáticas.
 Revisade os vosos exercicios para correxilos ben.



*2.- PROPOSTAS DE MATEMÁTICAS:

*Seguiremos con exercicios para practicar a REGLA DE TRES.
Mirade as explicacións que aparecen na Folla de arriba de Matemáticas e facede estas 2 tarefas, copiándoas na libreta.


 *Facede tamén a Ficha de cálculo, copiando as contas na libreta.Non vos olvidedes de facer a proba da división.
Se tendes algunha dificultade xa sabedes que podedes escribir á conta de alumnosabalar. Tamén cando rematedes as tarefas desta semana facermo saber polo correo. Para a semana subirei as correccións destas actividades.

FAREI DÚAS ENTRADAS MÁIS CON TAREFAS DAS OUTRAS MATERIAS. TÉNDELO TODO TAMÉN SUBIDO NA PÁXINA WEB DO COLEXIO, PINCHANDO ENRIBA DA CARPETA DE 6º.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario