14 abril 2020

PROPOSTAS DE 6º DO 14 AO 17 ABRIL (SOCIAIS)

SOCIAIS

Seguimos repasando o Tema 4: España e a UE. Tamén o Mapa con todos os nomes que colocamos.
Propoño realizar:

* TAREFA 1ª: Hai moitos países europeos, ademais de España, que están sufrindo o contaxio do Coronavirus.
 Fixádevos na dereita do Blog, pinchade en RECURSOS EDUCATIVOS e logo en Mapas Flash Interactivos e buscade os mapas de Portugal, Francia, Italia, Reino Unido e Alemania. Practicade coas actividades propostas e coñeceredes mellor as rexións destes países.
 Logo, na libreta, facede unha taboa como a seguinte para completar estes datos:
_____________________________     Nº Contaxios                   Mortos                 Persoas curadas 
___________________________________________________________
  España
___________________________________________________________
  Portugal
___________________________________________________________
  Francia
___________________________________________________________
  Italia 
___________________________________________________________
  Alemania
___________________________________________________________
  Reino Unido
___________________________________________________________
Escribe a túa opinión persoal sobre os datos que anotaches. Os datos pódense atopar na prensa, escoitando a TV ou na rede: lado dereito do BLOg, pinchando en Xornais de España ou de Galicia.

*TAREFA 2ª: Copia as seguintes preguntas na libreta e contéstaas logo de buscar información na rede ou coa axuda da familia:
 1.- Cantas semanas levamos en España sen escola e confinados na casa sen poder saír?
 2.- Quen persoa tomou esta medida e que cargo desempeña?
 3.- A quen tivo que pedirlle autorización?
 4.- Que persoas forman os "Mando Único" que toma todas as decisións para vencer o contaxio do Coronavirus? Que cargos desempeñan? 
 5.- Que sectores non pararon nunca de traballar en España?
 6.- Que establecementos son os únicos que están abertos en España?
 7.- Contesta: O meu pai sae da casa para traballar/ non sae porque se dedica a...
 A miña nai sae da casa para traballar/ non sae porque se dedica a...
 8.- Que Comunidades Autónomas de España están máis afectadas polo contaxio? Cales menos?
 9.- Que lugar ocupa Galicia entre elas?

Para recordar as Comunidades Autónomas que forman España propóñovos ir de novo a
Mapas Flash Interactivos e facer as actividades dixitais que vos propoñen
.

No hay comentarios:

Publicar un comentario