22 abril 2020

SOCIAIS E NATURAIS 6º (DO 21 AO 26 DE ABRIL)

NATURAIS
Empezamos un tema novo e moi interesante: A reprodución humana

Na libreta: copiamos cadro + facemos debuxos do óvulo e do espermatozoide cos nomes + exercicios 1-4 (páxina 66).
 Páxina 67: facemos debuxo aparato reprodutor masculino (vista lateral) colocando nomes + exercicios 1-3.




SOCIAIS 

Os temas 5 e 6 que nos quedan por explicar tratan da Historia de España nos  séculos XIX e XX.
 Tendes que investigar un feito histórico de España que sucedeu no Século XX: "A Segunda República" e facer un Traballo co investigado, seguindo este esquema que debedes copiar e contestar na libreta, nunha folla aparte:

ETAPA: Segunda República
- Data de proclamación:
- Que feito provocou a súa proclamación:
- Que Rei reinaba naquel momento:
-Data de finalización:
-Por que finalizou:
-Cita os seus presidentes:
- Fai o debuxo da Bandeira da Republica:
-Como se chama o Himno da República:
-Moeda:

 * Debedes facer unha foto do traballo e mandarma ao Correo de alumnos Abalar, quero revisalos e subir as fotos ao Blog Abalar.
Podedes buscar información accedendo, dende o propio Blog Abalar,na columna da dereita, onde di PARA BUSCAR INFORMACIÓN e aí podedes acceder á Wikipedia, pero podedes usar outros enlaces de Internet.

No hay comentarios:

Publicar un comentario