23 abril 2020

PROPOSTA TRABALLO 5º xoves 23 abril 2020

Bos días:

Hoxe é o día do libro.  É un día moi especial para min porque xa sabedes o moito que me gusta ler.
A miña nai tiña costume de regalarme un libro nesta data aínda que este ano non puido ser.
Estou segura de estes días estades aproveitando para ler na casa un montón.
Gustaríame que me contedes que libro estades a ler e se vos está gustando...

Tarefas para hoxe:
-L. Castellana: Aproveitando o día do libro vamos facer algo de lectura.  Déixovos este precioso 
POEMA de Gloria Fuertes "Cómo dibujar un niño". Para repasar a descripción vainos vir de marabilla.  
Ademáis de ler o poema podemos facer moitas actividades como por exemplo facer o debuxo seguindo as instruccións, podemos aproveitar para memorizalo xa que é moi sinxelo, tamén podemos probar a cambialo e facer o noso propio poema... Encantaríame ver as vosas creacións.

Deixo corrección da ficha de reforzo de lingua1 que fixemos onte.

BICOS

AVISO IMPORTANTE:
Gustaríame ter un contacto máis directo e fluído cos meus alumnos e alumnas e pensei que unha boa maneira de facelo é por medio de WhatsApp xa que creo que todas as familias dispoñen dun smartphone. Non sei que pensades vós e que pensan os rapaces, así que vos deixo aquí o meu correo: iguago@gmail.com para que me digades a vosa opinión. Así me poderían facer as preguntas ou dúbidas que teñan cando están a traballar. Estará tamén a profe Paula no grupo.
  No caso de que vos pareza ben a idea, podedes mandarme ao correo un nº de teléfono para que agregue no  grupo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario