LINGUA GALEGA
* 1ª TAREFA DE ESTUDO: Seguiremos repasando os contidos dos temas 7 e 8 e o verbo "Partir".
* 2ª TAREFA: Copiade estes exercicios na libreta de galego, poñendo a data do día:
A) Indica se estas oracións están en Voz Activa ou Pasiva e logo escríbeas na outra Voz:
1.-A miña nai fixo unha torta ríquísima.
2.-Nós retomaremos as clases cando o diga o goberno.
3.- Xan dá as clases de Inglés.
4.- Eles len as noticias da prensa.
5.- O goberno decretou o estado de alarma.
6.-O biscoito de noces cociñouno ela.
7.- Os alumnos fan as tarefas na casa.
8.- O concerto foi transmitido pola TV.
B) Indica se estas frases están escritas en Estilo Directo ou Indirecto e logo cambiaas:
1.-O presidente dixo:" Hai que cumplir o estado de alarma".
2.- O presentador comentou que o tempo sería bo.
3.- Eu díxenlle a Sabela que camiñase.
4.- O alcalde escribiu: "Baldearemos todas as rúas".
C) Ecribe oracións distintas, co verbo "Partir", cada unha nun tempo verbal distinto e nos distintos modos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario