Ola, Ángela:
Antes de nada desexo que a túa primeira saída, logo de tanto tempo na casa, fose entretida e te fixera feliz. Xa queda menos!
Antes de nada desexo que a túa primeira saída, logo de tanto tempo na casa, fose entretida e te fixera feliz. Xa queda menos!
En canto poidas mándame unha mensaxe ao Correo Abalar para dicir se estás traballando.
Tamén ten en conta que incorporo as solucións das tarefas de Sociais e Naturais, polo que tes que fixarte e corrixir ben.
Mira no Blog e na Páxina Web, pinchando enriba da Carpeta de 6º, as tarefas que te vou subindo.
Ademais na Páxina Web poderás ver un vídeo que fixemos entre todos os mestres e haberá un reto semanal que podes intentar facer.
*Este é o teu traballo semanal:
1.- Segue coas tarefas de matemáticas e Lengua anteriores.
2.- De Sociais continua tamén co traballo anterior.
Pode axudarte esta foto do traballo dunha compañeira:
3.-NATURAIS
3.1.- Solucións tarefas anteriores:
* I TRABALLO CORONAVIRUS:
As contestacións poden ser parecidas a estas, pero poden variar os datos, segundo a data na que se fixeron, ou ser máis amplas.
* I TRABALLO CORONAVIRUS:
As contestacións poden ser parecidas a estas, pero poden variar os datos, segundo a data na que se fixeron, ou ser máis amplas.
* Solucións as actividades da REPRODUCIÓN HUMANA.
Fíxate ben para correxir.
1.-
PARTE FUNCIÓN
___________________________________
TESTÍCULOS : Producir espermatozoides.
PENE: Facer chegar os espermatozoides ao interior do aparato reprodutor feminino.
GLÁNDULAS ANEXAS: Producen líquido que mesturado cos espermatozoides forman o seme. Son a próstata e as vesículas seminais.
CONDUTOS DEFERENTES: Conectan os testículos coas glándulas anexas e por eles viaxan os espematozoides.
3.2.- TAREFA PARA ESTA SEMANA:
Na libreta facemos os 2 debuxos, de fronte e lateral, colocando os nomes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario