15 abril 2020

PROPOSTAS PARA ÁNGELA (ATA O 19 DE ABRIL)

Que tal querida alumna? Espero que ti e a túa familia vaiades ben. Eu e a miña, polo de agora, con normalidade.
Remataron unhas vacacións de Semana Santa atípicas e volvo a poñerme en contacto contigo. Como temos instrucións de repasar contidos e traballar competencias é o que faremos. ATENTA:

LENGUA

* 1ª TAREFA: Seguiras coas actividades dos enlaces anteriores. 
Toca repasar. 

* 2ª TAREFA: No lado dereito da pantalla do Blog busca onde pon PARA BUSCAR INFORMACIÓN e pincha enriba onde pon Xornais de España e, logo, onde pon Xornais de Galicia. Escribe os TITULARES de todos os xornais, dun día desta semana, poñendo a data. Repara, case todos ou todos farán referencia o Coronavirus.


MATEMÁTICAS
* Segue coas tarefas dos caderniños que tes no anterior enlace. Non te olvides de repasar as táboas de multiplicar.

SOCIAIS

* TAREFA 1ª: Hai moitos países europeos, ademais de España, que están sufrindo o contaxio do Coronavirus.
 Fíxate na dereita do Blog, pincha en RECURSOS EDUCATIVOS e logo en Mapas Flash Interactivos e busca os mapas de Portugal, Francia, Italia, Reino Unido e Alemania. Practica coas actividades propostas e coñecerás mellor as rexións destes países.

*TAREFA 2ª: Copia as seguintes preguntas na libreta e contéstaas logo de buscar información na rede ou coa axuda da familia:
 1.- Cantas semanas levamos en España sen escola e confinados na casa sen poder saír?
 2.- Quen persoa tomou esta medida e que cargo desempeña?
 3.- Que sectores non pararon nunca de traballar en España?
 4.- Que establecementos son os únicos que están abertos en España?
 5.- Contesta: O meu pai sae da casa para traballar/ non sae porque se dedica a...
 A miña nai sae da casa para traballar/ non sae porque se dedica a...
6.- Está Galicia entre as Comunidades Autónomas máis afectadas?

Para recordar as Comunidades Autónomas que forman España propoño ir de novo a
Mapas Flash Interactivos e facer as actividades dixitais que te propoñen
.


NATURAIS

* Segue repasando o Tema da Nutrición: os exercicios, esquemas e debuxos realizados e, ademais,  facendo as actividades dixitais.

 Tarefas a realizar:

*Fixeches unha 1ª Investigación sobre o Coronavirus que propuxen a vez anterior. Pero dende aquela descubriuse máis información que me gustaría que averiguaras. 
Polo tanto, estas son as preguntas a responder nesta 2ª Investigación:

Copia as preguntas na libreta de Naturais  e contéstaas:

1.- As persoas que saen fóra da casa a traballar ou a mercar nas tendas e farmacias abertas, que deben procurar levar posto?
 2.- Unha vez fóra da casa, que recomendacións se deben seguir para evitar os contaxios?
 3.- Cando regresan a casa, que deben facer e por que orde?
 4.- A que temperatura é conveniente lavar a roupa na lavadora logo de regresar a casa?
5.-Todas as persoas con virus teñen síntomas? Se non os teñen, como se chaman?
6.- Que é unha UCI dun hospital?

7.- Como non había suficientes camas nos hospitais, que se construiron? Quen axudou a facelo?
8.- A que sector da poboación está afectando máis a enfermidade? Onde residen?

*Se estas a facer algunha tarefa especial na túa casa: unha manualidade, unha receita de cociña, lendo algún libro de lectura... podías mandar unha foto á conta de correo alumnosabalar@gmail.com e así eu podía subir esas fotos a este Blog como están facendo os alumnos/as de 5º. ANIMATE!
E se estás a facer estes exercicios, porfa escribe un correo a alumnosabalar@gmail.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario