Recordade que hoxe poderemos consultar os boletíns na aplicación ABALARMÓBIL.
Normalmente o derradeiro día do trimestre adoitamos facer unha festiña con música e algo para picar. Este trimestre, desgraciadamente, non a podemos celebrar.
Así e todo, ocorréuseme algo que podiamos facer pensando no moito que vos boto de menos. Que vos parece se me enviades ao correo electrónico algunha foto dunha mensaxe que queirades compartir cos compañeiros e comigo? Gustaríame colgalas no blog.
Nada máis desexarvos un feliz descanso estes días, aproveitade para ler un pouco máis do habitual e agardo os vosos debuxos.
Recordo o meu correo iguago@gmail.com.
MOITOS BICOS
No hay comentarios:
Publicar un comentario